Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase en Madrid o libro de Afonso Eiré: O piloto, el último guerrillero

No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron o editor Francisco Rodríguez Igrexas; o xornalista e escritor Carlos González Reigosa; e o propio autor, Afonso Eiré López.

Para Ónega, “a obra de Eiré cumpre o que Massillon esixía a todo libro: a conveniencia de meditar despois de lelo”. E engadiu que “O Piloto, el último guerrillero” é parte da nosa historia. Coñecer a historia é coñecernos a nós mesmos: o que somos e o que fomos”, dixo. Pola súa banda, o editor Francisco Rodríguez Iglesias centrou as súas palabras na estancia de O Piloto na casa do seu avó materno e a experiencia que este feito supuxo.

“Daquela eu tiña unhos dez anos e non souben nada ata que morreu Franco”, dixo. “Eu por aquel entón tería dez anos, pero non souben quen era ata que morreu Franco, e a idea era dun home valente pero tremendo”, contou. “Desas cousas non se falaba ou se facía en baixiño porque había medo, mesmo ata agora. Tivo que saír o libro para que unha tía miña dixese que tamén ela podería achegar datos”.

Para Carlos Reigosa, trátase dunha obra “interdisciplinar na que hai biografía, novela e a complexa realidade histórica, de Galicia, de España, e mesmo o contexto internacional, para a análise política e o debate ideolóxico”. Reigosa falou tamén do aspecto persoal do protagonista, mesmo da súa historia de amor con Mirelle, a quen puido entrevistar e pasar con ela un día enteiro no que lle revelou moitas das súas vivencias.

Mentres, para Afonso Eiré, “Xosé Castro Veiga O Piloto non é famoso por ser o último guerrilleiro morto en combate senón porque xa en vida era un mito que estaba en coplas, cancións e devanditos populares, ata converterse nunha creación popular”. Subliñou ademais como a guerrilla galega foi “a primeira en organizarse e dela copiaron os movementos antifranquistas doutras partes do estado e tamén os maquis”. Eiré engadiu que foi a última en claudicar, polos seus especiais características, diferentes das formadas noutros lugares, xa que “non facían vida no monte, senón que se aloxaban nas casas e tiñan un forte apoio popular”.

O que fose director de A Nosa Terra durante máis de tres décadas, puxo de manifesto na súa explicación como “O Piloto seguiu na loita porque o pobo necesitábao para impedir tropelías e vinganzas da Falanxe e a Garda Civil, pero tamén porque cría a propaganda de Carrillo de que a folga xeral derrubaría a Franco”.

O Piloto, el último guerrillero é unha edición en castelán realizada grazas ao éxito editorial logrado nas diferentes feiras polo libro en galego, do que xa saíu a segunda edición.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información