Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Anoitecer na praia da Lanzada, gaña o I Concurso A túa paisaxe do verán

O Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de fallar o gañador da primeira edición do concurso de fotografía A Túa Paisaxe do Verán, que recaeu na imaxe titulada Anoitecer na praia da Lanzada e cuxo autor é Luís Dobarro.

O xurado valorou tanto aspectos paisaxísticos da fotografía presentada, como o carácter divulgativo en relación aos valores paisaxísticos que se están a traballar no Catálogo das Paisaxes de Galicia. No caso da fotografía gañadora, esta pertence á área paisaxística das Rías Baixas, cuxas peculiaridades climáticas son temperaturas altas durante o verán e suaves no inverno, xunto co engarce entre o litoral e o interior leva a creación dunha área que dende o litoral se introduce cara o interior polos vales que desembocan nos fondos das rías.

O xurado, composto por membros do Comité de Expertos que interveñen na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, tamén recoñeceron como primeiro finalista a imaxe Pantasmas doutros tempos e como segundo Somos un coa paisaxe.

O autor de Anoitecer na praia da Lanzada (fotografía gañadora) recibirá unha cámara de fotos reflex; mentres que os finalistas recibirán unha cesta de produtos agroalimentarios relacionados coas paisaxes galegas, valorada en 100 euros.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta en colaboración coa Fundación Galicia Sustentable; un concurso amateur que se encadra dentro do programa Somos Paisaxe e que está dirixido á totalidade da poboación e pon de manifesto a importancia ambiental, cultural, social e económica que posúen as paisaxes como sinal de calidade de vida.

O seu obxectivo é activar unha mirada sobre o territorio que transcenda o puramente estético, xa que se pretende lograr a mellora do coñecemento e a posta en valor da paisaxe, comunicando así aspectos relacionados cos beneficios que esta lle aporta ao desenvolvemento económico e ao benestar da sociedade galega. A finalidade última do concurso é a consecución dunha serie de imaxes que reflictan a capacidade que posúe a paisaxe galega para a mellora da calidade de vida da poboación.

De feito, o programa Somos Paisaxe pretende achegar o entorno á xente para facerlles máis interesante e atractiva a colaboración nos procesos formais de participación para a elaboración do sílabo.

É preciso salientar a labor da Xunta de Galicia, posto que se encarga de promover as actuacións de formación, sensibilización e educación dirixidas á sociedade galega en xeral, e aos usuarios do territorio en particular, que teñen como finalidade a promoción do entendemento, respecto e salvagarda dos elementos que configuran as paisaxes desta comunidade autónoma.

Esta acción forma parte dunha serie de concursos que buscan o destaque das paisaxes galegas no esplendor de cada estación, polo que nos próximos días convocarase o concurso A túa paisaxe do Outono. Os traballos presentados nas catro convocatorias (verán, outono, inverno e primavera) formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá distintos lugares de Galicia con finalidade divulgativa.

Convenio de colaboración

O convenio entre a Fundación de Galicia Sustentable e o Instituto de Estudos do Territorio desenvolve unha actuación conxunta na procura de activar a participación social e de desenvolver unha maior conciencia sobre a responsabilidade individual e colectiva sobre a Paisaxe e o Territorio.

O marco do traballo establecido ao abeiro deste convenio busca que a sociedade galega se implique en coñecer, comprender e actuar de forma positiva sobre o territorio galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información