Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Clausúrase o 8º Espazos Sonoros cunha xornada adicada ao gaiteiro de Campañó Xoán Tilve

O festival Espazos Sonoros despide a súa oitava edición o mércores, 28 de outubro, ás 20:00 horas, cunha xornada dedicada ao pontevedrés Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó (1872-1950), protagonista das primeiras gravacións etnomusicolóxicas galegas, promovidas por Xosé Filgueira Valverde.

Promovido pola Consellería de Cultura e Educación, este ciclo de música en espazos de especial interese cultural ponlle o broche final á programación de 2015 no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, cun proxecto que recupera as gravacións históricas nas que o emblemático gaiteiro pontevedra interpreta a marcha do Corpus, auspiciadas en 1947 polo autor homenaxeado este ano coas Letras Galegas.

Oscar Ibáñez trío ofrecerá unha charla-concerto, de acceso gratuíto, arredor destas gravacións, na que o virtuoso gaiterio Oscar Ibáñez será o encargado de recuperar os sons das antigas gravacións para devolvelas á contemporaneidade, interpretadas coa gaita orixinal de Xoán Tilve. O músico estará acompañado da formación típica naquel tempo, o tambor e o bombo, a cargo de Andrés Vilán e de Cristian Silva.

Previamente, presentarase o libro ‘Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó’, editado por aCentral Folque coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, na que está previsto que interveñan o fillo de Filgueira Valverde, Xosé Fernando Filgueira; os autores da obra, Xavier Groba e Oscar Ibáñez; o editor do traballo, Ramom Pinheiro; e o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, xunto cunha representación da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra.

O legado etnomusicolóxico de Filgueira

A presentación deste traballo constitúe unha homenaxe a Xoán de Campañó, figura emblemática no sur de Pontevedra por ser o gaiteiro das marchas de procesión do Corpus e referente da tradición gaiteira pontevedresa no pasado século, así como tamén a Filgueira Valverde, autor ao que este ano a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas. Coincidindo coa data do aniversario do nacemento do polígrafo pontevedrés, o 28 de outubro, a xornada de clausura de Espazos Sonoros pon de relevo o legado etnomusicolóxico do que fora director do Museo de Pontevedra, quen a comezos dos anos corenta ordena e publica o ‘Cancioneiro Musical de Galicia’, compilado por Casto Sampedro.

Posteriormente, en 1947, cos medios técnicos do estudio de Radio Pontevedra, Filgueira decide levar adiante unha gravación documental insólita, pioneira no seu xénero, e de gran valor etnomusicolóxico: a marcha do Corpus tocada polo gaiteiro de Campañó e comentada ao vivo por el mesmo. A gravación impresiónase en discos de acetato en dúas copias, das que só se conserva a do arquivo do Museo de Pontevedra.

Grupos internacionais e mellor talento musical galego

Logo de percorrer Galicia desde o pasado 13 de setembro cun programa de concertos e actividades en lugares de especial valor patrimonial e paisaxístico, Espazos Sonoros –dirixido por Belén Bermejo e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura– pecha unha edición na que recoñecidos grupos e artistas internacionais, como La Morra, La Macorina ou o cantante estadounidense Joel Frederiksen, compartiron cartel cunha mostra do mellor talento artístico galego, representado por Oscar Ibáñez trío, pola formación Herbens Consort, polo Quinteto Egeria, polo Coro Vox Stellae e os Menestreis de 1500 e polo dúo formado por Óscar Fernández e Carlos Quintá.

Vivencias diferentes arredor da música

Xunto cos concertos, Espazos Sonoros volveu programar este ano actividades paralelas para lle ofrecer ao público vivencias diferentes arredor da música e do patrimonio histórico, nas que non faltaron as roldas pola paisaxe organística, un obradoiro de achegamento á música antiga e diversas rutas pola paisaxe arredor da contorna natural do Éntoma, da senda das Neveiras de Forcarei, do carreiro do Deza e mais da vila de Bueu, centrada na pegada de Urbano Lugrís e da familia Massó.

A igrexa gótica de San Nicolao de Cis de Oza-Cesures, o refectorio do mosteiro de Oseira, o colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, Santa María de Aciveiro en Forcarei ou a igrexa de Santa Liberata de Baiona foron algúns dos escenarios da oitava edición deste festival que convida á descuberta de valiosos lugares do patrimonio galego a través da música.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información