Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O CGAI estrea na Coruña a restauración do Noticiario Folk nº 1, dos irmáns Barreiro

A sede do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña ofrece o sábado 26 de setembro por vez primeira a restauración do 'Noticiario Folk nº 1', dos irmáns Enrique e Ramón Barreiro, na que será a primeira proxección dun ciclo dedicado ao labor de recuperación, conservación e difusión do noso patrimonio audiovisual que vén desenvolvendo a filmoteca galega desde a súa orixe.

Xunto co cinema pioneiro dos irmáns Barreiro, este especial —que se estenderá durante un total de nove sesións ata o 22 de outubro— achegaranos o noticiario sobre Vigo realizado por José Gil arredor de 1928 e os programas de 'Galicia al Día' (1959), a partir do material rodado durante varios anos por Armado Hermida Luaces e cuxa restauración foi levada a termo polo CGAI nos últimos meses.

A sesión de mañá arrancará ás 18.00 horas coa exhibición da tamén recente restauración do 'Noticiario Folk nº 1', coñecido así mesmo como 'Noticiario Folk 1932', da que xa se ofreceu un avance o pasado mes de febreiro no Museo de Pontevedra como parte do programa ‘Cine recuperado. Os irmáns Barreiro: Pontevedra 1932-1934’.

Costumismo e actualidade

Estreada en 1932 no Teatro Principal de Pontevedra, esta peza muda é a ópera prima da produtora pontevedresa Folk, proxecto á fronte do que se situou Enrique Barreiro como director técnico e no que o seu irmán Ramón traballou como cámara e realizador. Este último foi precisamente o encargado de rodar a ducia de reportaxes sobre acontecementos de actualidade e escenas costumistas que conforman o noticiario: ‘El Nuncio de S.S. en Galicia’, ‘El presidente del Consejo y el Ministro de la Gobernación en Galicia’, ‘La playa de Compostela en Villagarcía’, ‘La elección de Miss Galicia en Vigo’, ‘Concurso de natación celebrado en Vigo’, ‘Campeonato de tiro de pichón en Lugo’, ‘Atletismo en Pontevedra’, ‘Desfile de atletas en la plaza de toros’, ‘Pesca de pulpo en Galicia’, ‘Partido de foot-ball Deportivo-Eiriña en La Coruña’, ‘Actualidad política en Pontevedra’ e ‘Monasterio de Armenteira’, de acordo cos seus títulos orixinais.

Esta sesión incluirá outros dous noticiarios coetáneos, xa exhibidos no CGAI en anteriores ocasións. Trátase do 'Noticiario de Vigo' de José Gil, autor así mesmo de 'Miss Ledya', considerado o primeiro filme galego de ficción; e de ‘El recibimiento de Vigo a su Excelencia el Presidente de la República', tamén producido por Folk e primeira fita sonora da que se ten constancia en Galicia. Nela recóllese a visita que o primeiro presidente da Segunda República, Niceto Alcalá Zamora, realizou a Vigo, Moaña e Bueu.

A segunda parte do ciclo centrarase noutra das restauracións rematadas nos últimos meses polo equipo do Centro Galego das Artes da Imaxe. 'Galicia al día' é unha obra de Armando Hermida Luaces, filmada por este emigrante galego en Arxentina ao longo da segunda metade dos anos cincuenta. Debido á súa longa duración, o CGAI dividirá a súa exhibición en catro programas, cada un deles dedicado a unha provincia, seguindo así a estrutura marcada polo propio autor: 'La Coruña al día' (venres 9 de outubro, 18.00 e 20.30 horas), 'Lugo al día' (13 e 20 de outubro, ás 18.00 horas), 'Orense al día' (14 e 21 de outubro, 18.00 h) e 'Pontevedra al día' (15 e 22 de outubro, 18.00 h).
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información