Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentación en Vigo do libro: Carlos Casares: os amigos, as imaxes, as palabras

O mércores 9 de marzo de 2005, coincidindo co terceiro cabodano de Carlos Casares, na sala de conferencias do Centro Social Caixanova de Vigo (Policarpo Sanz nº 26), presentarase o libro Carlos Casares: os amigos, as imaxes, as palabras, recentemente saído do prelo mercede a un convenio de coedición entre Promocións Culturais Galegas - Edicións A Nosa Terra e a Fundación Carlos Casares.
O volume, que conta co patrocinio de Caixanova e outras institucións, foi coordinado por Xan Carballa, director de Edicións A Nosa Terra, e Damián Villalaín, director da Fundación Carlos Casares. Luxosamente editado e en gran formato, o libro fai ao longo de máis de duascentas páxinas un percorrido pola traxectoria vital de Casares, reflectindo as múltiples facetas da súa personalidade a través de testemuños de amigos e colaboradores, que abordan o personaxe dende o seu lado máis sentidamente humano. Entre os máis de cincuenta autores, atópanse persoeiros relevantes da cultura, a política e a empresa. Tamén se recolle a opinión de Casares nas súas propias palabras, a miúdo como actor destacado dos feitos históricos, en varios escritos e entrevistas, algunha delas inédita até o momento.
Así mesmo, o volume constitúe un excelente álbum recompilatorio de material gráfico das décadas 1940-2000, en parte tamén inédito, procedente en moitos casos do arquivo familiar.
A obra, ordeada cronolóxicamente, vai dando conta das sucesivas etapas da vida de Carlos Casares, así como das súas varias responsabilidades, constituíndo, asemade, unha crónica das últimas décadas da Historia de Galicia: a infancia e mocidade de posguerra en Xinzo e Ourense, a comprometida universidade compostelá dos sesenta, a loita política pola democracia e a autonomía, a actividade editorial e cultural, etc.
No acto de presentación intervirán Alfonso Zulueta de Haz (Presidente do Consello da Cultura Galega), Julio Fernández Gayoso (Director Xeral de Caixanova), Xosé Fernández Puga (Presidente de Promocións Culturais Galegas - Edicións A Nosa Terra), Kristina Berg (Presidenta da Fundación Carlos Casares) e Damián Villalaín (Director da Fundación Carlos Casares).
Fundación Carlos Casares

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información