Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Cidade da Cultura presenta en Eslovenia o seu éxito en redes sociais

A Cidade da Cultura de Galicia participa como convidada nun congreso internacional sobre museos e novas tecnoloxías no que se analiza a súa estratexia en redes sociais como un caso de éxito. O Centro Internacional de Artes Gráficas de Liubliana (Eslovenia) contará coa presenza da community manager da Cidade da Cultura, Rebeca Hermo, para explicar o funcionamento das redes sociais do Gaiás e o proceso que o levou a converterse na institución cultural galega con máis seguidores na rede.

Consciente da importancia da comunicación directa cos usuarios, a Cidade da Cultura está presente a día de hoxe en Facebook, onde conta con máis de 25.000 seguidores; Twitter (máis de 8.000), Youtube, Vimeo, Pinterest e, recentemente, vén de abrir o seu propio canal en Instagram.

Novos retos para as institucións culturais

O congreso ‘The power of new media: Daily Challenges for Cultural Institutions’ (O poder dos novos medios de comunicación: desafíos diarios para institucións culturais) busca analizar os desafíos que se lle presentan ás institucións culturais á hora de relacionarse cos seus usuarios e a importancia das novas tecnoloxías e os novos medios para lograr un diálogo máis próximo, directo e satisfactorio para ambas as dúas partes.

O congreso está organizado polo programa Forma MGLC, un proxecto que busca formar a profesionais no uso das ferramentas dixitais no ámbito cultural e que conta co apoio do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España.

Xunto coa community manager da Cidade da Cultura, o simposio contará coa presenza de David Gauntlett, profesor da Facultade de Medios, Arte e Deseño da Universidade de Westminster (Reino Unido); Peter Spetav, estratega dixital; e o xornalista e investigador de novos medios, Lenart J. Kucic.

A presenza da Cidade da Cultura neste congreso supón un paso máis na internacionalización desta institución cultural, obxectivo recollido no seu proxecto estratéxico ata 2018, e un recoñecemento ao seu labor no ámbito das redes sociais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información