Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

As tres universidades do SUG, preocupadas pola caída do uso do galego

Nota de prensa do Gabinete de Comunicación da USC:

Os departamentos de galego das tres universidades do Sistema Universitario Galego (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) acordaron facer pública unha declaración conxunta expresando a súa “fonda preocupación pola situación que atravesa actualmente a lingua galega e polo seu futuro”, que consideran “seriamente ameazado”. No documento defenden a lingua propia como “ patrimonio de todos os galegos e galegas e reclaman dos poderes públicos unha aposta decidida pola normalización lingüística, emendando a actual liña de actuación política nesta materia, e o cumprimento das súas obrigas legais de defensa e promoción do galego”.

A declaración foi aprobada por unanimidade nos Consellos dos tres departamentos e está asinada polos seus directores: Francisco Cidrás, do Departamento de Filoloxía Galega da USC; Manuel Ferreiro, do Departamento de Galego-Portugués , Francés e Lingüística da UdC, e Burghard Baltrusch, do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo.

Declaración conxunta:

Os Departamentos de Galego-Portugués, Francés e Lingüística (Universidade da Coruña), Filoloxía Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e Filoloxía Galega e Latina (Universidade de Vigo) son as principais institucións universitarias con responsabilidade docente e investigadora no ámbito estratéxico dos estudos galegos no país. Somos, desde hai case medio século, as entidades encargadas da formación de sectores imprescindíbeis nunha sociedade galega democrática: o persoal investigador en estudos galegos; o profesorado de Lingua e Literatura Galegas nos seus diferentes niveis educativos; moitas mulleres e homes que traballan na industria cultural e nos medios de comunicación en galego; moitas creadoras e creadores que hoxe son de recoñecido prestixio; intelectuais, axentes culturais e persoal laboral que sustentan xa e terán que sustentar no futuro non só as grandes e pequenas institucións culturais mais tamén as empresas relacionadas. É da nosa responsabilidade velarmos por que as futuras xeracións de tituladas e titulados, amplamente formadas, poidan continuar a ofrecer a súa contribución ao futuro da sociedade galega nun contexto globalizado, onde quen amosar unha condición ben articulada entre o global e o local vai dispor dunha estratéxica posición de vantaxe de incalculábel valor.

Por iso mesmo, tendo en conta os diferentes datos estatísticos recentemente publicados sobre o uso e transmisión da lingua galega e o panorama social e político do país no último lustro, vémonos na obriga de mostrar a nosa profunda preocupación pola situación actual e polo futuro da lingua e da cultura galegas. Confirmouse, por exemplo, que o nivel de uso efectivo da lingua propia do país retrocedeu de forma alarmante nas xeracións máis novas, o que implica que a lingua galega está en perigo de seconverter nunha lingua estranxeira na súa propia patria. A isto acrecéntase a preocupante redución de persoal e a drástica e alarmante diminución de investimentos en todos os ámbitos relacionados coa promoción do uso e normalización da lingua galega, así como coa industria cultural a ela vinculada, por non falarmos do recuamento da lingua galega na administración pública (incluíndo as propias universidades) e no sector privado.

Estas e outras circunstancias ameazantes para a lingua e cultura propias do país derivan, ao noso ver, en primeiro lugar e en grande parte, da falta de desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004 por unanimidade e, en segundo lugar e de forma subseguinte, dos efectos contraproducentes do Decreto denominado (aínda que de forma academicamente incorrecta) ‘de plurilingüismo’, do ano2010.

A sociedade galega actual, querendo preservar a súa identidade histórica e proxectarse asemade no futuro, forzosamente terá que se transformar en sociedade de información competitiva nun contexto globalizado sen deixar de coidar e desenvolver os seus trazos inherentes. O primeiro deles é a súa lingua propia, que é patrimonio e debera ser orgullo de todas as galegas e galegos sen excepción e que, ao tempo que nos singulariza cunha identidade milenaria, nos permite acceder facilmente a un universo de 276 millóns de falantes en 27 países e á quinta parte de toda a internet.

A lingua galega ábrenos ao mundo, sitúanos nun contexto global de oportunidades e constitúe un valor económico duradeiro e de extraordinaria relevancia. Mais, para podermos tirar proveito desas vantaxes e seguir sendo donos da nosa identidade, os poderes políticos teñen que actuar con afouteza e apostar decididamente pola normalización lingüística, emendando todo o que for preciso a liña de actuación política nesta materia e cumprindo as súas obrigas legais.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información