A fotoxornalista madrileña presenta ECOS na Universidade de Santiago (USC)

Con esta mostra, que se pode visitar ata o 30 de xuño, o proxecto campUSCulturae pretende chamar a atención sobre os pobos esquecidos e contribuír á súa inclusión e visibilidade. A sida, aulas de ensino, rostros de mulleres, mercados, rúas con vida... imaxes todas elas que converten o Claustro do Colexio de Fonseca “no corazón do mundo”, como dixo Xosé Antonio Neira no acto de inauguración.
Instantáneas de realidades descoñecidas coas que a autora quere apelar á concienciación non só das persoas senón tamén dos medios de comunicación, “que son instrumentos útiles para mostrar que outros mundos existen e que só dende a diversidade nos podemos entender”, manifestou a xornalista.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)