Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Chega ao Parlamento de Galicia o Plan de Dinamización da lingua na empresa 2015-2020

A Consellería de Cultura e Educación entregou no Parlamento a proposta inicial do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020 para que, deste xeito, todos os grupos parlamentarios dispoñan do texto co fin de poderen chegar as propostas que estimen oportunas e de que participen activamente na súa elaboración.

Segundo explicou ante a Comisión 4º o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o obxectivo da Consellería é “acadar a máxima participación posible das forzas políticas con representación parlamentaria” e lograr un documento respaldado e consensuado. Deste xeito os grupos teñen a oportunidade de traballar sobre un documento estrutural básico, que non está pechado.

Desde o punto de vista estratéxico, o Plan recolle a necesidade de crear conciencia de que o emprego do idioma galego favorece os resultados económicos. Segundo explicou Valentín García, hai que traballar na liña de que “o galego é unha oportunidade que nos conecta con novos espazos e novos mercados, nomeadamente cos mercados emerxentes de fala portuguesa coma os do Brasil ou Angola”.

Tamén subliñou a necesidade de lograr “unha mensaxe única” xa que “a fortaleza do ámbito público neste eido é imprescindible para poder transmitirllo ao ámbito privado”. O secretario xeral de Política Lingüística recalcou ademais que se trata dun plan da Xunta de Galicia no seu conxunto e, por tanto, implica a participación activa de todas as consellerías e entidades públicas con competencia en materia económica. Así mesmo buscarase a necesaria incorporación pro-activa das empresas no desenvolvemento das medidas que se implementen.

A elaboración do documento atópase agora na fase de recollida de achegas por parte de entidades, colectivos e institucións implicadas na protección da lingua e a cultura galegas. Nesta liña, o texto foille entregado hai uns días á Real Academia Galega e ao Consello da Cultura Galega. Está previsto que a fase de consultas remate no segundo trimestre de 2015 e, unha vez concluídas as distintas fases así como a elaboración da pertinente memoria económica, está prevista a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta no derradeiro trimestre deste ano.

Inicialmente o Plan establece cinco áreas de traballo (a industria, o traballo, o cooperativismo, a banca e o comercio), ás que se engaden adicionalmente outras (hostalería e restauración, industria alimentaria, entidades intermedias -xestorías, asesorías, despachos de avogados, inmobiliarias…- e axencias de publicidade). No documento analízanse tamén 71 actuacións, unhas de carácter transversal (válidas para todas as empresas) e outras específicas para áreas económicas concretas de especial interese.

Cómpre lembrar que a elaboración deste Plan responde a un dos eixos fundamentais da política lingüística do Goberno galego, como é a ampliación dos usos do galego na sociedade e, especialmente, nos sectores económicos. O obxectivo final é incrementar a presenza do uso do galego no ámbito económico e que isto sirva de efecto multiplicador no resto da sociedade. Trátase, en definitiva, de que o sector recoñeza que a adopción do galego como lingua representa un valor engadido nas relacións empresariais e comerciais.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información