ArtesaCía estrea en Compostela a montaxe Balor na acción dunha cadeira
ArtesaCía presenta a montaxe teatral "Balor na acción dunha cadeira", que aborda o tema migratorio pasado e actual, e que representa o 20 e 21 de maio no Salón Teatro de Compostela. As 20:30h"Balor na acción dunha cadeira" conta a historia esquecida, balorecida, de 3 emigrantes galegos no New York de 1920 en clave contemporánea. 3 persoas calquera, que viaxaron por necesidade e regresaron para construír escolas Modernas, porque crían que outro futuro era posible a través dunha educación libre de dogmas.
"Balor na acción dunha cadeira" incide na relación da emigración coa cultura e a educación, o conflito de identidade e unha outra visión da Historia a través dos pequenos momentos cotiás nunca rexistrados.
"Balor na acción dunha cadeira" utiliza unha linguaxe contemporánea, facendo uso das máis actuais tecnoloxías escenográficas: videomapping, cámaras en directo e Cine en Directo.
Laura Villaverde (ArtesaCía)


