Preséntase en Bos Aires o libro de poesía Remontar ou río
O venres 17 de abril, ás 19.00 horas, na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (Chacabuco 947, Cidade de Bos Aires) realízase a presentación do libro de poesía "Remontar ou río"."Remontar ou río" é unha peza singular (polo seu formato non tradicional e innovador) da poesía en Galicia, que contén os textos da recoñecida escritora Helena Villar Janeiro e as ilustracións da artista multidisciplinaria Luz Darriba. O libro é unha edición única e limitada de 500 exemplares numerados, que responde ás características de libro obxecto- artístico.
"Remontar ou río" é o último libro de poemas de Helena Villar Janeiro, nado da súa recente viaxe polo centro de Europa, nun percorrido en barco polo Danubio a contracorrente entre Budapest e Linz.
Luz Darriba


