Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Vídeo-creación, videoxogos e tendencias dixitais, no Ourense ICCWeek

O mércores 25 de marzo, no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), entre as 10.30 e as 13.30 horas, abórdase o tema do “Mundo da vídeo-creación: mapping, demoscene e motión graphics”. Pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, tratarase o tema de “Vídeo-xogos e tendencias dixitais”. Nos relatorios participarán Óscar Testón, director Vjspain, referencia en España no vídeo-mapping; Cristina de Silva e Nacho de la Vega, do colectivo artístico centrado na fotografía, o vídeo, os directos audiovisuais, o son e as instalacións multimedia; Eloi Maduell, enxeñeiro en informática especializado en audiovisuais en directo; Juanjo Fernández, experto en mapping e grandes proxeccións; Francisco Javier Rodríguez e José Manuel Louro, fundadores de RLS e membros da directiva da asociación española de desenvolvedores de videoxogos DEV; Gilberto Sánchez, director editorial de Virtual Toys e membro da directiva da asociación española de empresas produtoras e desenvolvedoras de videoxogos e Software de entretemento; Sergio Galán, enxeñeiro de Telecomunicación; Oriol Rosell, produtor de música electrónica e socio fundador de PatchWorks, e Óscar Mulero & Fium, que presentan “Biolive”, un directo audiovisual no que a música en directo de Óscar Mulero, a xeito de diálogo, atópase co mundo visual do colectivo artístico “Fium”.

Os obxectivos do Ourense ICCWeek son presentar a Ourense como unha área economicamente atractiva, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais, e atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar contactos profesionais. Tamén se pretende transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.

Asemade, o encontro ten como finalidade xerar canles de comunicación entre emprendedores, empresarios e expertos do sector audiovisual e sensibilizar sobre a importancia das industrias culturais e de entretemento como oportunidades laborais e de negocio.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información