Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Tectónica presenta a obra do premio nacional de fotografía Manuel Vilariño ás salas do CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle ata o 21 de xuño a mostra ‘Tectónica’, de Manuel Vilariño (A Coruña, 1952), que foi presentada esta mañá pola xerente deste centro expositivo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mostra, que poderá visitarse a partires desta tarde na planta baixa do centro, é unha prospección inédita no mundo creativo e poético deste autor galego que foi Premio Nacional de Fotografía no ano 2007 e que representou a España na 52ª Bienal de Venecia.

Comisariada polo profesor de estética e crítico de arte, Alberto Ruíz de Samaniego, ‘Tectónica’ está constituída por máis de 40 pezas entre fotografías, vídeos, instalacións e esculturas, que abarcan desde os años 70 ata a actualidade e inclúe 7 pezas de nova produción realizadas de forma específica para o CGAC.

A mostra está montada e pensada a partir de catro grandes vetas ou apartados temáticos e formais: a música, a poesía, a ciencia e a imaxe. En cada un destes estratos pódense contemplar unha serie de referencias fundamentais na traxectoria do artista que explican o seu universo estético: os obxectos que o acompañan, a presenza dúa voz, as súas obsesións, as súas lecturas, as viaxes e os seus referentes culturais, musicais e de coñecemento como os poetas José Ángel Valente, Wallace Stevens e T. S. Eliot ou o compositor Olivier Messiaen.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información