Antón Sobral trae o mar a Ourense coa exposición: Bitácora dun mariñeiro sentimental
Así se expresou o artista pontevedrés Antón Sobral, na presentación da exposición “Bitácora dun mariñeiro sentimental” que esta tarde inaugúrase no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación. Sobral, que lembrou a súa amizade dende tempos da universidade co propio Marcos Valcárcel, dixo sentir unha honra especial por poder amosar o seu traballo nun centro que leve o nome do seu amigo despois de ter nás súas costas máis de 200 exposicións en lugares tan senlleiros como París, Milán, Viena ou New York.O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, coincidíu co autor nesa relación mútua co mar, ate o punto de lembrar a súa etapa de formación como médico en Plasencia e como se achegaba ate o río Tajo “porque era o máis parecido ao mar que podía ver” e fixo especial mención a que un artista tan cosmopolita como Sobral escollera este lugar do interior de Galicia para amosar a súa obra.
O director do centro cultural, Francisco González, aludíu á profesionalidade de Antón Sobral e á honra que para o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” supón traer a un artista da súa trayectoria profesional.
A mostra, que estará aberta ate o vindeiro día 5 de abril, inclúe óleos, fotografía, poesía, vídeo e libro de artista.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense


