Preséntase o documental O Piloto
O 12 de febreiro, na Deputación de Lugo, e coa asistencia de Mario Outeiro, responsábel da área de Cultura do organismo provincial, preséntase o documental O Piloto sobre a figura de Xosé Luis Castro Veiga. Pero non foi só o “último guerrilleiro”, senón que xa era un mito aínda en vida. Odiado por uns, amado por outros, o seu ronsel e as súas fazañas aínda seguen presentes na memoria do pobo.Neste documental falan medio cento de persoas, compañeiros, enlaces, apoios e xentes que tiveron relación con el, para ben ou para mal. Pero tamén se dan a coñecer documentos inéditos que mudarán para sempre a visión deformada que se veu dando historicamente deste guerrilleiro: as
relacións co PCE, as principais accións, por que sobreviviu tanto tempo, as causas de continuar a loita, que facía nos últimos anos... E unha entrevista realizada no 1979 á súa compañeira Mirelle.
Sen dúbida, unha achega que botará luz á nosa historia recente, descoñecida, cando non ignorada ou deturpada.
Xosé Reigosa (director e produtor)


