Xosé Otero Canto gaña o XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal de Begonte
En Begonte, reuníuse o xurado do XXXIX CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, escritor; JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZAN, presidente do Centro Cultural convocante, e XULIO GIZ RAMIL, xornalista, vicepresidente, que acordan por unanimidade emitir o seguinte fallo:Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuiña de Sargadelos ao poema DENDE VALVERDE A BEGONTE, presentado co lema “O REINO”, do que resultou ser autor XOSÉ OTERO CANTO, nado en Ponte de Outeiro-Castro de Rei, veciño de Lugo.
Adxudicar o Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema O BELÉN ERA UN CLAMOR, presentado baixo o lema “O TEMONEIRO DA PATEIRA”, do que é autor CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ, natural do Ferrol e veciño de Lugo.
Os premios serán entregados o 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura da XLIII edición de O NADAL EN BEGONTE,.
Belén de Begonte


