Entréganse os Premios da Cultura Galega como proba de madurez creativa
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse aos Premios da Cultura Galega como a proba de que a nosa é unha cultura madura, “con proxectos e traxectorias que se van decantando no tempo, con iniciativas que xorden do país e retornan ao país para enriquecelo”.
Durante a súa intervención, o responsable do Executivo autonómico recoñeceu que, repasando a lista dos premiados nesta cita, é doado atopar un denominador común: a continuidade. “A literatura de Xosé Neira Vilas componse de numerosas etapas vitais que van deixando a súa pegada en libros inmorredoiros. Se hai un gran escaparate que, durante todos estes anos, mostrou o mellor da nosa creatividade e o mellor de todos os que viñeron a compartir a súa, chámase Galería Trinta. No ano de 1975 xa atopamos na farándula a Cándido Pazó, convertido hoxe nun dos reis da nosa escena. O Grupo Marcelo Macías fúndase en 1941 e aínda lle dura o pulo para pescudar na nosa arqueoloxía, antropoloxía e historia”, salientou.
Así mesmo, subliñou que “o Centro Pen Galicia cumpre 25 anos, sempre teimando na difusión internacional dos autores galegos. A vila de Ortigueira verá nacer no xa alongado 1978 o Festival Internacional do Mundo Celta. As orixes da eclosión do audiovisual galego atópanse na constitución de Agapi; hai vinte anos. O David Mackenzie comeza os seus traballos de difusión da nosa cultura nos oitenta, e será no 1994 cando se converta no primeiro catedrático de Estudos Galegos no mundo anglófono”.
Ademais do anhelo de continuidade, Feijóo destacou outra característica dos premiados: “O desexo de que a cultura galega estea no mundo, e que o mundo estea na cultura galega. Arelas de universalidade. Transcender o tempo e tamén transcender o espazo”, dixo, ao que engadiu que, se ben a historia ten un cemiterio cheo de culturas que pereceron por basearse en obras efémeras, ou por erguer muros presuntamente protectores contra o alleo, “a nosa está en pé”.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta fixo fincapé na Cultura como nexo de unión. E, neste sentido, afirmou que tamén se precisa das mulleres e homes da cultura galega, xa que “vostedes –aseverou- teñen un inmenso creto no noso pobo. Son unha referencia nun tempo que precisa modelos aos que seguir e admirar. Ningún galego se sinte alleo a Martín Codax, Rosalía ou Castelao. Non hai galego que non fose Balbino, o protagonista das ”, dixo.
O presidente da Xunta concluíu incidindo en que cultura e liberdade forman en todos os pobos do mundo unha forza formidable: “Tamén en Galicia, onde a pedra da caeu vencida pola palabra. Por iso a gran ferramenta da nosa cultura é a lingua. Así o pensaron os que loitaron con ela, e por ela, nos tempos máis escuros. Eles confiaban na capacidade do pobo galego para utilizar esa liberdade na recuperación plena do noso idioma. Esa confianza segue vixente”, aseverou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia