Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase Ramón Otero Pedrayo, unha fotobiografía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou no Liceo de Ourense o volume Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888-1976 que recolle a totalidade da traxectoria do patriarca das Letras Galegas, do que son coautores Patricia Arias Chachero e Afonso Monxardín. Esta obra foi editado pola Fundación Otero Pedrayo, en colaboración coa Editorial Galaxia, e contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Deputación Provincial.

Na súa intervención, Vázquez Abad destacou “a presenza actualizada, o sabio maxisterio e a calor humana de Otero Pedrayo” e afirmou que “con don Ramón latexa a Xeración Nós, o imparable galeguismo do século pasado e a idea rompedora de que Galicia tiña un proxecto de modernidade.” “Con esta fotobiografía –explicou o titular de Cultura–, hai un intento seguro de pórlle pel a unha imaxe para moitos mítica.”

A edición desta fotobiografía encádrase no desenvolvemento do convenio subscrito polo departamento de Cultura da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo, e inclúe tamén a organización e celebración do prestixioso Premio Trasalba. Coa realización destas actividades procúrase manter vivo o recordo de Otero Pedrayo e promover o estudo e divulgación deste excepcional intelectual ourensán.

No acto tamén participaron o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Freixanes; o presidente do Liceo, Javier Casares, así como os devanditos autores, Afonso Monxardín e Patricia Arias Chachero. Así mesmo, estivo presente no acto celebrado no Liceo o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez.

O valor conxunto da imaxe e a palabra

Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888-1976 trátase dunha obra divulgativa ilustrada con máis de 400 documentos gráficos, en parte boa parte inéditos ou pouco coñecidos, que contextualizan a traxectoria vital de quen se ten dado en chamar o patriarca das Letras Galegas, unha das figuras literarias e intelectuais que concita maior admiración no seo da cultura galega.

As imaxes e os textos incluídos son froito dun traballo de escolma e recuperación levado a cabo nos fondos de institucións como a propia editorial Galaxia, a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Museo de Pontevedra, o Arquivo Histórico Provincial de Burgos, o Museo do Pobo Galego e La Región.

‪Retratos dos pais e do resto dos familiares, do escritor canda neno ou como estudante de ensino medio; imaxes que nolo amosan como comprometido membro da Xeración Nós e activo integrante do Partido Galeguista; fotos que nos falan do seu labor docente nos anos 40, dos anos que pasou en Compostela como profesor universitario na Facultade de Historia e tamén, instantáneas dos últimos anos, do seu compromiso coa cultura galega e significado icónico dentro da mesma, estruturan esta obra que procura esclarecer e divulgar o herdo do gran mestre, Otero Pedrayo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información