Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Manuel Rodríguez López, socio de honra a título póstumo, do Centro Galego de Barcelona

A entrega efectuouse no decurso dun acto que tivo lugar na Galería Sargadelos de Lugo, no que participou o Presidente do Centro galego barcelonés, Manoel Carrete; o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

A distinción recibiuna a viuva do escritor, Irene López, á que acompañaba o seu fillo, Enrique. O outro fillo, o profesor Santiago Rodríguez, enviou desde Bristol un comunicado de agradecemento que a petición da viuva foi lido polo escritor Xulio Xiz, amigo da familia.

Manuel Rodríguez López, cronista dos galegos en Catalunya e do Centro Galego, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, foi o vencello entre os galegos da emigración catalana e a súa Galicia natal, cunha importante obra poética e narrativa na que destaca a constante preocupación polos temas obreiros e labregos, e a permanente divulgación do labor cultural e social dos galegos afincados en Catalunya.

A decisión de conceder esta distinción ao escritor, cando están a punto de cumplirse os vintecinco anos do seu pasamento, tomouna a directiva do Centro Galego o pasado mes de outubro cando nas súas instalacións se inaugurou a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, coa colaboración do concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Cultura e de Política Linguística), Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, concello de Lugo e Real Academia Galega. Xa daquela se acordou que a entrega se faría na capital lucense, como ven de efectuarse.

Manoel Carrete, na súa intervención, reflectíu os méritos do escritor en relación co Centro Galego, con Catalunya e con Galicia, congratulándose de que fose agora, na súa presidencia, cando se fixese xustiza con Manuel Rodríguez, despois de que o centro se beneficiase de tanto traballo, dedicación e devoción por parte do finado escritor.

O Alcalde de Paradela, concello que ten nomeado a Manuel Rodríguez López fillo predilecto, dado o seu nome á Casa da Cultura e que convoca un certame literario que vai pola XX edición, agradeceu no nome do pobo nadal do escritor a distinción, e recalcou que vintecinco anos despois da súa morte está para os paradelenses e para todos os galegos máis vivo ca nunca.

Pechou o acto o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, que subliñou a vontade da Xunta de Galicia de potenciar iniciativas de reivindicación de escritores galegos que merecen ser recordados polo seu servizo ás letras e ao país, e máis neste caso que –vivindo en Cataluña a maior parte da súa vida- foi un home fondamente galego, vencellou aos galegos da emigración co seu país e a súa xente, e abogou porque as novas xeracións coñezan estes ejemplos sobranceiros de amor á terra, como modelos a seguir e estudiar.

O acto completouse coa lectura dos poemas de Manuel Rodríguez “Que fermosa a miña Patria” e “Ti es eterno”, por parte do gran escritor lucense Xavier Rodríguez Barrio, que cobraron vida especial na voz deste poeta, un dos mellores decidores de versos do país galego.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
X.X.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información