A Cidade da Cultura acolle a mostra Libros sobre reloxos. Colección José Luís Basanta

Un auténtico tesouro
Vázquez Abad destacou na súa intervención “o traballo de Basanta como químico, respecto das celulosas e do papel, e o seu olfacto bibliófilo, que o conduciu a facer un auténtico tesouro respecto da súa gran paixón, centrada nos reloxos e nos mecanismos artificiais que pautan o transcorrer do tempo”. O titular do departamento cultural da Xunta engadiu que ”esta mostra composta de 9.000 exemplares foi legada de balde no ano 2013, e ten como valor engadido ser unha das coleccións máis importantes sobre esta materia a nivel estatal e incluso mundial” , engadiu o titular do departamento educativo.
O conselleiro, rematou o seu relatorio mostrando o seu orgullo porque a Biblioteca e o Arquivo de Galicia “ofrezan esta mostra, xa que significa pór nelas o selo da nosa época, o que constitúe unha das manifestacións máis transparentes de cómo se expresa a humanidade”. Ao mesmo tempo, Vázquez Abad, tamén falou do compromiso do goberno de “acoller as novas correntes e darlles o seu valor esencial, ao tempo que enxalce o peso específico dunha identidade tan recoñecible como ávida por evolucionar consonte os parámetros que nos corresponden”.
A figura do bibliófilo
José Luís Basanta, naceu no ano 1924, no municipio lucense da Fonsagrada e desenvolveu a súa traxectoria profesional en diferentes empresas no ámbito da química e da electroquímica, ademais de ser durante 4 anos decano do Colexio Oficial e de Químicos de Galicia. Grande afeccionado á historia do papel e da reloxería, o seu labor a prol da cultura foi recoñecido coa súa entrada na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tamén conta coa Cruz Oficial do Mérito Civil.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia