Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Álex Vázquez presenta 76 obras cheas de luz, cor e movemento

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu a presentación da exposición “Como o aire se pinta a si mesmo”, do artista Álex Vázquez (Vigo, 1946), que enche de realismo informalista o espazo expositivo ourensán con 76 obras de acrílico sobre lenzo e táboa cuxas características comúns son a luz, a cor e o movemento.

“Gústame pintar paisaxes pero transformados en emocións”, explica o pintor, “e aínda que hai ocasións nas que o silencio é quen pinta a paisaxe, noutras ocasións son as propias emocións, o estado de ánimo, quen che impulsa en cada movemento, de aí que me importe máis o instante e menos o tema”.

A mostra recolle os últimos cinco anos de traballo de Álex Vázquez, na que se pode apreciar a evolución dende unha figuración e unha aplicación máis tranquila da cor a unha última fase na que predomina o movemento como elemento fundamental da súa obra. Os cadros baséanse en paisaxes galegos e portugueses de lugares como Pontevedra, Oporto, Lisboa, O Ribeiro, Meaño, Pazos de Arenteiro ou Monteferro. “Para elo -explica o artista- teño como caderno de notas uns apuntes, fotografías e mesmo a memoria. Son os que me axudan a estruturar os esbozos, e logo as emocións comezan a darlle forma e cor a cada obra”.

No acto de presentación, Álex Vázquez estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e polo director do Centro Cultural, Francisco González. A mostra, que se presenta ao público esta tarde ás 20.15 horas, permanecerá exposta ata o 26 de outubro. Paralelamente, como complemento á exposición, programáronse unha serie de actividades enmarcadas dentro do programa “Cata a arte” que terán lugar todos os xoves e nas que haberá cata de viños, coloquios, pintura en directo e concertos como os que ofrecerán Alfonso Medela Trío (18 de setembro) e Roibós (9 de outubro).

Álex Vázquez naceu no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego, onde, dende moi cedo, amosou claras aptitudes cara o mundo da arte. Nomes imprescindibles no seu entorno familiar son o seu pai, Isidro Vázquez Palacios, pioneiro da actividade creativa publicitaria en Galicia, e o seu tío-avó, Antonio Palacios Ramilo, afamado arquitecto porriñés.

Cunha ampla traxectoria expositiva en galerías e centros culturais de España, os cadros de Álex Vázquez son tamén coñecidos no ámbito europeo, sendo as súas coleccións expostas en países como Portugal, Alemaña ou Bélxica. Asemade, é coautor de numerosos proxectos editoriais, participando no seu deseño, desenvolvemento e ilustración en colaboración con destacadas figuras literarias como Carlos Casares, Francisco Fernández del Riego, Francisco Fernández Naval ou Xavier Alcalá.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información