Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Homenaxe a Elías Valiña Sampedro, no 25 cabodano do seu pasamento

Os actos, que contan co apoio da familia do homenaxeado, desenvolveranse ao longo de catro sábados, o 22 e 29 de novembro e o 6 e 13 de decembro deste ano, no Cebreiro, Samos, Melide e Santiago. Trátase dunha “Peregrinación falada do Cebreiro a Santiago de Compostela”, seguindo os pasos, de ida e volta, de Elías Valiña e rememorando o seu intenso e bo facer pola recuperación do Camiño de Santiago nos anos previos ao Xacobeo de 1993.

A homenaxe comezará no Cebreiro, o sábado día 22 de novembro, ás 11 horas, cunha visita a este poboado medieval, guiada polo veciño do Cebreiro e amigo do crego homenaxeado, José María Núñez. Seguidamente farase un relatorio sobre Elías Valiña, que abrirá o xornalista e presidente de APECSA, Cristóbal Ramírez Gómez, para darlle paso á relatora, Laurie Dennett, ex presidenta da Confraternity of Saint James de Londres e integrante do Colectivo Praxis do Cebreiro. Rematado o relatorio, na mesma igrexa do Cebreiro, actuará o coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo.

A `Peregrinación falada´ en Homenaxe a Elías Valiña estará o sábado, 29 de novembro, en Samos, para facer unha visita ao Mosteiro, guiada polo Prior, José Luis Vélez, e despois, no mesmo Mosteiro, pronunciará o relatorio sobre o homenaxeado, o seu amigo Luciano Armas Vázquez, nun acto que será presentado polo xornalista e vicepresidente de APECSA, Xosé Mª García Palmeiro.

Xa o terceiro sábado, o día 6 de decembro, os actos serán en Melide e comezarán cunha visita ao Museo e a Igrexa de Santa María, para dar paso a unha Mesa Redonda sobre Elías Valiña que moderará Manuel Rodríguez Fernández, técnico do Xacobeo e membro da Xunta Directiva de APCSA, e na que participarán, Ángel Trabada Gómez, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo; Begoña Valdomar, presidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago; Jorge López Rodríguez, presidente da Asociación de Amigo do Camiño de Santiago da comarca de Sarria, e José Antonio de la Riera, da asociación Fraternidade Internacional do Camiño.

A homenaxe rematará en Santiago de Compostela o sábado, día 13 de decembro. Este día, farase unha visita ás prazas da Catedral, guiada por Francisco Singul Lorenzo, e ás 12 horas os asistentes que o desexen poderán asistir á Misa na Catedral. Ás 12,45 horas, na Casa do Deán, terá lugar o relatorio sobre Elías Valiña, no que participarán Luís López Armesto, sobriño neto do homenaxeado, e Luís Celeiro Álvarez, director de Comunicación da Universidade de Santiago, autor do libro “Elías Valiña, valedor do Camiño” e vicepresidente de APECSA.
Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información