Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A área de Cultura da Deputación de Lugo colabora co Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, vén de reunirse con Xulio Xiz, en representación do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, para asinar un convenio de colaboración entre a institución provincial e o colectivo de cara a posta en marcha da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor, que este ano se celebrará do 15 ao 20 de setembro en varias localizacións da cidade de Lugo.

No transcurso da xuntanza, Mario Outeiro explicou que “por traxectoria, repercusión e poder de convocatoria entre a poboación, dende a área de Cultura continuamos a apoiar a celebración da Semana Internacional de Cine de Autor; xa que as iniciativas culturais non deben deixar de celebrarse por mor da crise, aínda que outros gobernos como a Xunta de Galiza empreguen a situación económica como escusa para abandonar a promoción da cultura do noso país”.

A Semana Internacional do Cine de Autor tense convertido xa en todo un referente cinematográfico na provincia desde hai máis de 30 anos. Unha cita que, en palabras do delegado de Cultura, “constitúe unha oportunidade única para que os lucenses se acheguen ao cinema máis afastado dos circuítos comerciais, así como aos grandes éxitos do cine mundial no ano en curso, ao mesmo tempo que funciona como reclamo turístico da cidade no mes de setembro".

A colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo con este evento vai máis alá do mero apoio económico, e tamén colabora co mesmo prestando as súas instalacións para as proxeccións como o salón de actos do Pazo de San Marcos ou o Museo Provincial de Lugo.

Así mesmo, a continuidade desta Semana do Cine de Autor tenlle que dar as grazas ao traballo e ao esforzo do grupo Fonmiñá, un grupo formado por moitas persoas que traballan arreo para que esta cita cinematográfica sexa posible, ao mesmo tempo que ofrecen ao longo de todo o ano cursiños, sesións, certames, conferencias ou exposicións, entre outras, sempre relacionadas co cine e a fotografía.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información