Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Expertos internacionais debaten en Galicia sobre literatura infantil e xuvenil

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle o “Seminario/Workshop internacional: obras inolvidables na literatura infantil e xuvenil. Visións do feminino”. Faino no marco da participación deste centro de investigación adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística na Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano, ao abeiro do proxecto “Literatura Infantil e Xuvenil”, que coordina a profesora e investigadora do CRPIH Ana Blanca Roig Rechou.

Á primeira xornada de traballo, que se desenvolveu na sede do CRPIH, asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. No encontro científico anual participan expertos en literatura infantil e xuvenil dos ámbitos galego, portugués, brasileiro, catalán, éuscaro e castelán.

Canda á mencionada Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano e o CRPIH, tamén participa nel o Grupo de Investigación LITER21 da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Movementos migratorios na literatura infantil e xuvenil. Visións do feminismo

A Consellería de Cultura e Educación, por medio do CRPIH, tamén organiza esta semana -en colaboración co Grupo de Investigación LITER21 e mais coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega- a XI edición do curso de literaturas infantís e xuvenís que ofrece a USC dentro da súa oferta de formación continua.

O curso ten como finalidade formar e informar sobre a evolución destas literaturas no marco ibérico e iberoamericano, analizándoas desde un enfoque comparativo que dea a coñecer os axentes literarios máis febles en cada ámbito lingüístico, as narracións visuais a partir das ilustracións que complementan a narración textual e a súa influencia na innovación educativa tendo en conta as visións do feminino na contribución á non discriminación por cuestións de xénero.

As sesións desenvolveranse en Santiago de Compostela desde mañá ata o venres -na sede do CRPIH, mañá, e mais na Biblioteca Novacaixagalicia, o resto dos días- os membros da Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano ofrecerán cadansúa panorámica en relación a estes aspectos nos seus respectivos sistemas literarios, así como reflexións arredor das estratexias e perspectivas de futuro.

O programa XI curso de perfeccionamento “Movementos migratorios na literatura infantil e xuvenil. Visións do feminismo” inclúe encontros cos escritores Alfredo Gómez Cerdá, Antonio García Teijeiro, António Mota, Concha Blanco, Rafael Lema e Fran Alonso; a presentación da obra “Innigración/emigración na literatura infantil e xuvenil”; presentación de propostas didácticas para as aulas de primaria e secundaria; talleres de creación literaria, de ilustración e de narración e propostas de innovación educativa a partir da literatura.

Proxectos de investigación literaria do Centro Ramón Piñeiro
A Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano intégraa un grupo de investigación interdisciplinar (formado por docentes de dez universidades de España, catro de Portugal e catro de Iberoamérica) que estuda a produción, recepción e mediación das lecturas textuais e visuais destinadas á infancia e á xuventude, aínda que non exclusivamente. Creouse no ano 2004 a raíz do primeiro encontro de investigadores do marco ibérico, que organizou o CRPIH.

O centro de investigación adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolve actualmente varios proxectos centrados na literatura, entre os que cabe destacar o de Informes de literatura (un observatorio da literatura galega que acolle a produción anual de e sobre narrativa, poesía, teatro, celebración das Letras Galegas, ensaio, literatura infantil e xuvenil, literatura de transmisión oral etc), Dicionarios de literatura (no marco do que se está a elaborar un gran dicionario xeral de termos literarios, do que sairán outros máis especializados de cada unha das disciplinas ou áreas deste campo) ou Literatura Infantil e Xuvenil.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información