Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Recupérase a figura da compositora galega do século XIX Eugenia Osterberger

Eugenia Osterberger. Unha compositora galega na Belle Époque é o título da charla-concerto que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, organiza co obxectivo de colaborar na difusión do legado da artista e no recoñecemento ao seu labor no ámbito da música.

As investigadoras Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos serán as encargadas de achegar o público á vida desta artista do século XIX e ao seu legado no ámbito da música culta galega de raíz popular, no marco dunha sesión que terá lugar o 12 de xuño, ás 19 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, vila natal da compositora.

Para isto, o programa inclúe os relatorios ‘Achegamento á biografía de Eugenia Osterberger’, no que Rosario Martínez percorrerá a traxectoria vital da compositora, e ‘A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á creación musical galega’, no que Beatriz López-Suevos analizará a relevancia da súa produción musical no contexto da época.

A sesión concluirá cun concerto no que López-Suevos, ao piano, e a soprano Susana de Lorenzo interpretarán as pezas da compositora ‘Ma mi dicesti, op. 158’ (aria), ‘Ove sei?’ (canción italiana), ‘¡Adiós a Galicia!’, ‘Ausencia’, ‘Falas de nai’ (melodías galegas) e ‘Cantigas y Melodías Gallegas’.

Contribución á creación musical galega

A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á consolidación da música culta de raíz galega é aínda unha gran descoñecida para o público galego, pero tamén para os intérpretes e estudos actuais. As súas composicións fíxanse en dous repertorios: o de piano solista, con pezas líricas e bailes de salón, e as cancións ou melodías galegas para voz e piano, nas que mostra o seu interese e compromiso co valor do patrimonio popular, da lingua e da cultura propias. Estas composicións contribuíron á creación dun legado musical galego no ámbi¬to culto, onda o amplo repertorio de autores recoñecidos como Marcial del Adalid, Xoán Montes, Xosé Castro Chané, José Baldomir, Andrés Gaos ou Enrique Lens.

Recuperación do patrimonio musical

Para contribuír á recuperación e a un maior coñecemento do patrimonio musical, a Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, vén promovendo iniciativas como esta charla-concerto arredor da compositora Eugenia Osterberger. Nos últimos anos, e con este mesmo obxectivo, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad tamén promoveu iniciativas como a primeira gravación da obra sinfónica completa de Jesús Bal y Gay, presentada en 2012 na Cidade da Cultura no marco dunha sesión que reuniu algúns dos principais investigadores da obra do compositor lucense, e colaborou coa publicación dun volume con partituras inéditas do mestre de capela Matías García Benayas, do arquivo musical da catedral de Tui, a cargo do compositor e musicólogo Joam Trilho.

A música e a cultura na vida de Eugenia Osterberger

A compositora Eugenia Osterberger Luard (Mme. Saunier) naceu en Santiago de Compostela en 1852. A súa familia materna era galega, súa nai era a coruñesa Emilia Luard Álvarez, e seu pai o litógrafo e gravador Jorge Osterberger. A súa educación musical temperá e unha instrución académica moi superior á que habitualmente recibían as mozas daquela, xunto coa súa predilección polo piano desde cativa, levárona a inter¬pretar e asinar múltiples obras que foron editadas en París, na Coruña e en Madrid.

En 1879 casou con Francisco Saunier e estableceuse na Coruña, onde mantivo unha participación activa desde o punto de vista cultural e social, sen renunciar á súa dedicación á composición. Formou parte das ini¬ciativas promovidas por Emilia Pardo Bazán e outros intelectuais da cidade, como a fundación do padroado das Colonias Escolares, do que foi secretaria ata que mar¬chou de Galicia na primeira década do século XX. Tamén foi académica correspon¬dente da Real Academia Galega desde o ano fundacional.

A finais de 1907 traslada a súa residencia á Costa Azul francesa. Non se coñece a data exacta da súa morte, aínda que sabemos que foi posterior a 1914.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información