Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os músicos Javier Otero e Najla Shami, e o fotógrafo Luís Gabú, no Instituto Cervantes de Toquio polo ano España-Xapón

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo recibiron aos músicos Javier Otero e Najla Shami, e ao fotógrafo Luís Gabú, a delegación de artistas que viaxarán estes días a Xapón para mostrar o seu traballo no Instituto Cervantes de Toquio, no marco do ano dual Xapón – España.

Vázquez Abad reuniuse cos artistas para coñecer os detalles da actividade que realizarán na capital nipona. O conselleiro destacou a importancia de internacionalizar a cultura galega e achegar os traballos dos nosos artistas a un país tan relevante como Xapón. Esta exposición e a actuación musical están financiados pola Consellería de Cultura e Educación.

O 30 de maio, o fotógrafo Luís Gabú inaugurará no Instituto Cervantes de Toquio a exposición ‘Arte e ritual na Catedral de Santiago’. Esta mostra está composta por unha selección de 20 pezas fotográficas de gran formato realizadas por Gabú tras o resultado da súa investigación sobre as peregrinacións, cunha mirada artística e espiritual sobre a experiencia do percorrido dos camiños e a catedral de Santiago.

O sábado 31 de maio o pianista Javier Otero e vocalista Najla Shami ofrecerán un repertorio de música galega variada. O programa para voz e piano inclúe pezas de compositores de referencia de finais do XIX (Chané, Montes), de compositores actuais (J. Durán, Octavio Vázquez), e outras tradicionais e de composición propia, a partir de poemas galegos. Asemade, a pandereteira xaponesa Noriko Ishizuka interpretará algunhas pezas con Javier Otero e Najla.

Representación galega

O fotógrafo coruñés José Luís López Gabú centra os seu traballo en lugares pouco comúns, como Guinea Bissau, Mauritania, Malí, Etiopía, Somalia, a Amazonia brasileira, Colombia, Cuba, Haití, Birmania, Tailandia ou Vietnam, entre outros. Entre as súas exposicións destacan as monográficas realizadas en Santiago de Compostela, na Fundación Eugenio Granell no 2006 e no Museo do Pobo Galego no 2009; e en Madrid no Museo Nacional de Antropoloxía no 2008 e 2013.

Najla Shami é cantora e compositora nacida en Santiago de Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina. O seu traballo máis recente, e o primeiro en solitario, é ‘Na lingua que eu falo’ (Galaxia, 2013), no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro.

Javier Otero Neira é un pianista polifacético, considerado un dos valores en alza da música clásica galega, cun repertorio misceláneo que presta especial atención a compositores españois e á divulgación de obras de compositores galegos.

Xaponés experto en cultura galega

Así mesmo, durante a inauguración da exposición ‘Arte e ritual na Catedral de Santiago’ o lingüista Takekazu Asaka recitará poemas de escritores galegos. Takekazu é un xaponés que imparte docencia na área de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku, na capital nipona. Está considerado un embaixador do galego no seu país. Asaka entrou en contacto coa cultura e a lingua de Galicia a finais dos anos setenta, mantivo correspondencia no seu día con significados galeguistas, como Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto, e publicou numerosos artigos e investigacións relacionadas co galego.

Na súa produción destacan os títulos Gramática do galego moderno (1993), Guía de conversación en galego (1994) e Vocabulario básico da lingua galega (1996). Ademais, o autor da tradución ao xaponés de Cantares Gallegos ten participado nos cursos de galego para estranxeiros que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística durante o verán na Universidade de Santiago de Compostela.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información