Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Bandullo Azul representa a obra A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle no Salón Teatro de Santiago dúas representacións de A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres, espectáculo para público infantil e familiar de Bandullo Azul, a nova compañía dos humoristas Fran Campos e Francisco Ameixeiras. Promovidas polo Concello de Santiago de Compostela, estas funcións teñen lugar o sábado 10 e o domingo 11 de maio, ás 18.00 horas.

Evaristo Calvo, a metade do dúo cómico Mofa e Befa, dirixe esta orixinal revisión do clásico de Daniel Defoe na que, tras o seu naufraxio nunha pequena illa, un aristócrata inglés debe entenderse e compartir espazo cun ‘salvaxe’ para intentar sobrevivir sen apenas recursos.

Risas e reflexión

A linguaxe xestual e o enxeño serán claves para resolver a chea de situacións cómicas ás que se enfronta o náufrago e o seu compañeiro de fatigas. Así, a través das actividades cotiás, Robinson tentará “colonizar” a Venres desde o punto de vista do que el considera que debe ser o mundo civilizado. Pero este último resistiráselle e, pouco a pouco, amosaralle a Crusoe a importancia de ser libre e de se deixar levar polo xogo, a diversión e a contemplación na procura da felicidade.

Ademais da risa, as situacións provocadas polo choque entre estes dous mundos buscan tamén achegar aos espectadores unha reflexión sobre o que necesitamos realmente nas nosas vidas para ser felices.

Os actores Fran Campos e Francisco Ameixeiras puxeron en marcha a compañía Bandullo Azul hai dous anos, inspirándose e facendo un xogo de palabras a partir do famoso personaxe Barriga Verde creado por José Silvent, pioneiro do teatro de monicreques en Galicia. O seu obxectivo é levar a escena espectáculos de pequeno formato e pensados para todos os públicos. Da distribución das súas montaxes encárgase Culturactiva, distribuidora galega de teatro cómico, de rúa e circo con 14 anos de experiencia.

Venda de entradas

As entradas para ambas as funcións poden adquirirse de xeito anticipado no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto ata o sábado de 18.00 a 21.00 horas. No Salón Teatro estarán dispoñibles tanto o sábado como o domingo desde dúas horas antes do comezo do espectáculo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información