Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase o último libro de Fina Casalderrey para nenos: Cuca e o abrigo marrón

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na Biblioteca Ánxel Casal na presentación do novo libro infantil de Fina Casalderrey, ‘Cuca e o abrigo marrón’, unha obra editada por Rodeira-Edebé con ilustracións de Patricia Castelao. Durante o acto, que contou coa participación de nenas e nenos que leron fragmentos do libro, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia salientou a traxectoria da autora, “que leva xa publicadas más de medio cento de obras de literatura infantil e xuvenil, que foron ademais traducidas ao catalán, castelán, valenciano, aragonés, asturiano, portugués, brasileiro, francés, italiano e inglés”. Ademais, sinalou a figura da ilustradora como “unha estradense que está a despuntar cos seus debuxos máis aló das nosas fronteiras, levando polo mundo talento e a calidade da ilustración galega”. Neste sentido lembrou que a Consellería está tamén a impulsar esta disciplina coa declaración este ano do 30 de xaneiro como primeiro Día da Ilustración en Galicia, coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao.

Así mesmo, Vázquez Abad agradeceu a aposta da editorial Rodeira-Edebé a publicación deste libro “buscando a transmisión de valores aos máis novos, unha mensaxe de solidariedade, de moral cívica e de amizade; así como o impulso da lingua galega na literatura infantil e xuvenil”.

No acto, ademais de autora e ilustradora, participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a coordinadora da editorial, Mª Jesús Gómez; a directora da Biblioteca Ánxel casal, Carina Fernández; e Xavier Senín. Tras a presentación da obra, Fina Casalderrey convidou aos pequenos a ler fragmentos da obra.

Cuca e o abrigo marrón e a historia dunha cadela vagabunda que aprende a vencer a súa desconfianza e a confiar no abrigo marrón como axuda para manter aos seus sete cadeliños, de tal forma que entre ambos os dous acaba construíndose unha relación sólida grazas á que nunca volverán a vivir a soidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información