Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Estratexia de lectura para conmemorar o Mes do Libro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra en abril o Mes do Libro na Biblioteca Nodal, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día Internacional do Libro (23 de abril).

O día do libro infantil e xuvenil lembra a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor sobre o que xira o espectáculo que mañá, ás seis da tarde, porá en escena Fabiana Gastaldello para todos os públicos, e en especial para nenos e nenas maiores de 5 anos. A artista aborda dous contos de Andersen cunha proposta orixinal e artesanal que integra varias linguaxes escénicas como mimo, ‘commedia dell’Arte’, teatro de sombras e escenografías de vangarda.

O martes 22, a partir das 17:00 horas, celebraranse roteiros literarios en torno á obra de Anxel Fole. Poden participar 25 persoas por sesión, cunha duración aproximada de 60 minutos cada unha. O roteiro percorrerá os espazos literarios e lugares da nosa cidade que serven de escenarios dalgunhas das súas obras.

Os nais, pais, ou calquera persoa maior de idade que o desexe, poden participar na creación dun obradoiro de gravación de audiolibros infantís, para poñer voz ás personaxes e recrear ambientacións sonoras. O obradoiro desenvolverase os días 23, 24, 28 e 29 na sala multiusos.

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, o mércores 23, realizaranse visitas guiadas excepcionais ás 12 e ás 19.00 horas, ademais das que se poden concertar previamente coa biblioteca. Pola mañá está prevista xa a visita de alumnos e alumnas do CEIP San Xoan de Becerreá e unha sesión de contacontos.

A media mañá e ás seis da tarde realizarase unha solta de libros ou bookcrossing, liberando en total arredor duns 100 libros á entrada da biblioteca.

Programación infantil

‘Migallas Teatro’ presentará o venres 11 Os contos do chupete ás 18:00 horas, para nenos e nenas de o a 3 anos, unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.

O sábado 26, a ONGD ‘Taller de solidaridad’ leva á biblioteca Congo, Tres historias de coraje, ás 11:30 horas, un proxecto de sensibilización que conta en Lugo coa colaboración do coñecido artista Anxo Moure.

A Biblioteca acolle a exposición Ramificacións, con debuxos, gravados e pinturas da artista multidisciplinar Noa Persán.

Por outra banda, o centro mantén a programación habitual de mesas de conversa, clubs de lectura, cafés filosóficos ou charlas de autoaxuda, e rescata a iniciativa da Cita a cegas con libros inxustamente esquecidos, libros silenciados, libros cheos de emocións e de historias que esperan ser rescatados. No vestíbulo da biblioteca poderanse atopar libros envoltos, para que non se vexa nin autor nin título. Só teñen unha pista sobre o contido.

Resultados da ‘Biblioteca Quitapenas’

Por último, a Biblioteca Pública Nodal quere agradecer o espírito solidario dos lucenses que participaron na campaña da Biblioteca Quitapenas durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro.

Este programa consistiu en conmutar as sancións que penalizaban os carnés dos usuarios por produtos básicos non perecedoiros, aínda que tamén se abriu a doazón a toda aquela persoa que quixera achegar gratuitamente alimentos. De modo global, recolléronse 287,17 quilogramos de produtos, dos que 129,82 quilos foron doados a Cáritas e 157,35 quilos ao Banco de Alimentos. En total, condonáronse 94 sancións.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información