Os XVIII Premios María Casares de Teatro xa teñen gañadores

Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares de Teatro deste ano. RESULTADOS:
EUROZONE: (4) Mellor Iluminación, (Fidel Vázquez) escenografía, (Chévere—Javier Domingo Ballestín) actriz secundaria (Patricia Lorenzo)
espectáculo (Eurozone)
As do Peixe: (3)mellor texto orixinal (Cándido Pazó) Mellor actriz protagonista (Susana Dans)
Mellor dirección. (Cristina Domínguez)
Bye Bye Honey: (2) Música orixinal (Carlos Mosquera ‘Mos’) actor secundario (César Goldi)
A Charca Inútil (1): mellor adaptación-tradución (Xosé Manuel Pazos Varela) Walt (1): mellor vestiario (Uxía P. Vaello)
C’EST LA VIE: (1) Mellor Maquillaxe (Trini Silva)
As mil vidas de Matias Houseman (1): Mellor actor protagonista (Josito Porto)
DISCURSO DO PRESIDENTE
O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Avelino González, comezou o seu discurso cos agradecementos aos patrocinadores e colaboradores da gala (Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, Concello da Coruña, Fundación SGAE, Fundación AISGE, Gadisa, Superbock, Padroado de Cultura de Narón, Emsac, o equipo Teatro Rosalía Castro, o Centro Dramático Galego, Trevisani e a TVG). Acto seguido agradeceulle a profesión escénica o seu esforzo nestes tempos. “Dámosvos as grazas a to@s por facer teatro, tod@s vós mantedes os teatros abertos. Agardamos coincidir con tod@s nos escenarios este ano, o que vén e o seguinte, todos os anos”, sinalou Avelino González antes de dirixir o seu discurso cara “ao público, á cidadanía, á sociedade.” “Ninguén nos pode reprochar que os vosos soños e os vosos problemas son as nosas fontes de inspiración. Collemos esa inspiración para devolvervos arte”, sentenciou o presidente da AAAG antes de brindar polo público.
MANIFESTO E PREMIO DE HONRA
O Premio de Honra Marisa Soto homenaxeou a Xosé Manuel Olveira Pico, falecido o ano pasado. A ovación, con todo o público en pé, amosou unha vez máis que Pico era un dos actores máis queridos, tanto polo público como polos compañeiros de profesión. A Xunta Directiva da AAAG subiu ao escenario para entregarlle o galardón ao fillo do intérprete, Pablo Olveira.
Pola súa banda, o xornalista Camilo Franco leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. No seu texto, destacou que o teatro “é unha arma de organización masiva” contra os problemas do mundo. Ademais, o tamén crítico teatral subliñou que a escena é “un espello para decatarnos de que somos moi malos: querémonos mal e matámonos moi ben". Dadas as circunstancias da actualidade, asegura,"o teatro debe poñer o mundo a andar".
Alberto Ramos (Comunicación Premios María Casares)