O Parlamento galego pide que se difunda a figura de Victor Said Armesto
O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade a proposición non de lei presentada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a apoiar a celebración do centenario conmemorativo do pasamento do intelectual pontevedrés Víctor Said Armesto, a través do impulso e desenvolvemento de iniciativas que contribúan a poñer de relevo e a ampliar a difusión da súa figura e obra entre a cidadanía galega.
Víctor Said Armesto naceu na rúa Sarmiento de Pontevedra en 1871 no seo dunha familia de notable tradición intelectual, como o tamén escritor e filósofo Indalecio Armesto Cobián ou o seu propio pai, Federico Said Sánchez, recoñecido pedagogo da época.
MÚLTIPLES FACETAS
A figura de Víctor Said destaca polas súas múltiples facetas nos ámbitos da literatura e as letras en xeral, facendo del un verdadeiro erudito e un persoeiro a destacar dentro da cultura galega. Foi escritor, investigador, catedrático, crítico e historiador literario, así como habitual colaborador en medios escritos de diferente ámbito.
Entre as súas facetas, destaca especialmente o seu labor como responsable da primeira cátedra de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa impartida na Universidade Española, así como o seu papel como impulsor da fundación da Real Academia Galega.
O Grupo Popular considera que a figura e a obra de Víctor Said Armesto son pouco coñecidas entre a cidadanía, polo que precisan dun impulso de cara ao seu maior recoñecemento e divulgación, sendo unha ocasión acaída a conmemoración no ano 2014 do centenario do seu pasamento.

Gabinete de Comunicación do PPdeG