O CDG da os últimos retoques á posta en escea de Longa viaxe cara a noite

Esta versión da coñecida obra do premio Nobel estadounidense Eugene O’Neill presentarase diante do público, baixo a dirección escénica de Manuel Guede Oliva, o sábado 22 de marzo e permanecerá na carteleira do Salón Teatro ata o 6 de abril. Durante ese período ofreceranse sete funcións para público xeral (de venres a domingo) e catro matinais concertadas con institutos de bacharelato (mércores e xoves). A montaxe iniciará a continuación unha xira que a levará por outros dez escenarios galegos e portugueses.
Acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, Vázquez Abad puido comprobar as claves da posta en escena da nova proposta do CDG e presenciou tamén o pase do primeiro acto da montaxe que interpretan, sobre o escenario ideado por Rodrigo Roel, Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán. Os catro dan vida á familia Tyrone, transposición dramática da propia familia O’Neill neste texto autobiográfico polo que o dramaturgo norteamericano foi recoñecido postumamente co seu cuarto premio Pulitzer. De feito, moitos dos especialistas na obra de Eugene O’Neill consideran ‘Long Day’s Journey into Night’ como un dos cumios creativos do autor, quen se sitúa á súa vez entre os grandes nomes do teatro norteamericano e universal.
‘Longa viaxe cara á noite’ é a produción central da temporada do Centro Dramático Galego no ano que a compañía pública conmemora, ademais, o trixésimo aniversario desde a súa fundación en 1984.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia