Restáuranse fragmentos do Livro da montaria do rei Joao I de Portugal
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou que o Arquivo Histórico Provincial de Lugo restaurará os fragmentos achados recentemente do ‘Livro da montaria’ do rei João I de Portugal, unha das obras portuguesas máis notables do século XV. O conselleiro confirmou que os investigadores do arquivos históricos van estudar, restaurar e editar os documentos atopados, así como analizarán as posibilidades de que existan algúns semellantes noutros lugares.
As orixes do descubrimento desta valiosa obra remóntanse ao mes de abril de 2013, cando un investigador advertiu de que a cubeta duns protocolos notariais do distrito de Monforte de Lemos do século XVIII non era un texto musical, tal é como se pensaba. As investigadoras do Arquivo Histórico Provincial de Lugo, María Díaz Bernárdez e Paloma Gómez Varela, tomaron nota desta advertencia e tras revisar os protocolos comprobaron que varios pergamiños que servían como encadernación das actas notariais eran fragmentos dun códice que trataba sobre a caza. As arquiveiras trataron de identificar a obra, e tras cotexar co texto da copia publicada, chegaron á conclusión de que se trataba do ‘Livro da montaria’ de João I de Portugal.
Neste acto onde se mostraron á prensa os documentos históricos que se van a restaurar e estudar, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Dolores Pereira; e o profesor e académico Ramón Lorenzo.
Restauración dos pergamiños
Vázquez Abad explicou que o proceso de recuperación dos fragmentos deste códice consistirá en separar coidadosamente os pergamiños do século XV das actas notariais do século XVIII. O proceso levarase a cabo por profesionais do Arquivo Histórico Provincial de Lugo utilizando criterios técnicos e un tratamento adecuado. A continuación realizarase unha edición facsímile e unha dixitalización dos documentos, para que finalmente podan estar a disposición dos investigadores.
O estado de conservación dos pregos atopados nas encadernacións dos protocolos notariais é moi bo, coa excepción de dobreces, algunha esgazadura e zonas desgastadas polo uso. O achado está composto por un total de dez pregos enteiros, dez medios pregos e catro fragmentos, maioritariamente dos libros primeiro e terceiro e, en menor cantidade, do libro segundo. Trátase dun texto a dúas columnas cunha caligrafía moi coidada, con iniciais adornadas en cores vermella, azul e violeta, prolongándose os ornamentos cara a parte inferior da folla.
Documento histórico único
O ‘Livro da montaria’ foi redactado na corte de João I de Portugal, ao parecer, por iniciativa directa do rei entre os anos 1415 e 1433. Esta obra, que se estrutura en 70 capítulos repartidos en tres libros, dábase por perdida ata o momento actual, agás un único fragmento que estudou o profesor Ramón Lorenzo e que se atopaba en posesión dun particular.
É importante destacar que nos últimos días mostraron o seu interese por este achado representantes da Biblioteca Nacional de Portugal e investigadores da Universidade de Berkeley (EEUU).
A montaría é unha modalidade de caza maior que practicaban os reis e os nobres na Idade Media, tanto para divertirse como coa finalidade de adestrarse para a guerra. Ao longo da Idade Media e da Moderna desenvólvese en Europa un verdadeiro xénero de tratados sobre esta disciplina.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia