Preséntase a primeira tese de doutoramento na USC sobre Xosé María Díaz Castro
O venres 28 de febreiro, ás once da mañá, dá comezo no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a lectura pública da tese de doutoramento presentada por Armando Requeixo Cuba baixo o título ?A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: Estudo e edición crítica?, dirixida polos profesores doutores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, así mesmo estudosos do citado poeta, de quen foron amigos.Trátase da primeira tese doutoral sobre o poeta Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas e se celebra o seu centenario. A investigación consta dun amplo estudo biográfico e literario actualizado sobre o autor, así como da rigorosa edición crítica de toda a súa poesía en galego, moita da cal permanecía inédita e que se dá a coñecer agora por primeira vez.
O tribunal está presidido por Xesús Alonso Montero, actual presidente da Real Academia Galega, e conformado tamén polos profesores doutores Arcadio López-Casanova, da Universidade de Valencia; Aurora López, da Universidade de Granada; Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, e Xosé Manuel Salgado, da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará como secretario.
Claudio Rodríguez Fer


