Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase a instalación do artista Xurxo Gómez Chao no Museo de Belas Artes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou en rolda de prensa a instalación que o artista coruñés Xurxo Gómez Chao acaba de realizar no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase dunha monumental peza suspendida no espazo situado baixo o lucernario das salas 1, 3 e 5 do museo, que foi construída no marco do obradoiro para adultos ‘Artistas no museo’.

O secretario xeral asegurou durante a presentación que iniciativas coma esta permiten ofrecerlle ao público a oportunidade de achegarse á obra e ao sistema de traballo dun artista plástico, así como de participar dos seus procesos. Así mesmo, Anxo Lorenzo destacou que constitúen unha canle para implicar os artistas galegos na actividade habitual do museo, dando a coñecer a súa obra e facéndoos, ao mesmo tempo, partícipes da actividade cultural desenvolvida pola institución.

Construción con materiais e diversos obxectos

Influenciado por artistas como Friedrich, Turner, Monet ou Hokusai, o coruñés Xurxo Gómez recorre na súa obra a temas como a natureza, o home e o tempo, así como a exploración de territorios descoñecidos e inquietantes. Neste caso, centrou o seu traballo na elaboración dun proxecto artístico baseado na construción dunha xigantesca retícula, confeccionada a base de diversos obxectos e materiais (ramas, follas, árbores, las de cores, bonecas etc.).

Ademais, da dita instalación resultou unha interesante colección de fotografías artísticas, a través das que se despregan múltiples puntos de vista nos que a peza contemporánea interactúa coa arquitectura e as coleccións de pintura antiga do museo. Trátase, polo tanto, de dúas obras nunha, a instalación e as fotografías resultantes.

Conversa sobre o proceso creativo

Xurxo Gómez Chao e o alumnado do obradoiro –Alberte Sánchez Regueiro, Pedro Abad Vidal, Jacinto Ruíz, Alfonso Rego López e Félix Andrade Pérez– conversarán hoxe co público no Museo de Belas Artes da Coruña, ás 19:00 horas, para dar a coñecer o proceso creativo desenvolvido na formulación e creación deste proxecto.

A actividade na que se enmarca esta instalación, ‘Artistas no museo’, foi iniciada en 2012 coa colaboración de Xavier Correa Corredoira e este ano celebrará a súa terceira edición. Xunto con esta iniciativa, o Museo de Belas Artes vén desenvolvendo, desde hai máis de 10 anos, outros proxectos nunha liña similar, como son os obradoiros de gravado, nos que coñecidos nomes do mundo das artes, como son os pintores e gravadores Omar Kessel, Ane Heyvaert, Isabel Pintado ou Ali Ali, comparten a súa obra, coñecementos e experiencia co público coruñés.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información