Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O crime da legua dereita, longametraxe de Cool Films Galicia, no Salón Teatro

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle o mércores día 5, ás 20.30 horas, a presentación en Santiago de Compostela do filme ‘O crime da Legua Dereita’, longametraxe do director Luis Noriega producida por Cool Films Galicia.

Esta é a primeira ocasión na que a produtora lucense exhibe un dos seus traballos en Compostela, para o que preparou unha sesión especial que dará comezo coa proxección da curtametraxe ‘Espejos’, asinada tamén por Cool Films e interpretada por Arturo Santos Zas. A entrada para este evento é libre, previa retirada dos convites no despacho de billetes do Salón Teatro.

Baseado en feitos reais

‘O crime da Legua Dereita’ é un thriller de acción baseado nun terrible suceso real acontecido na localidade vilalbesa de Nete en 1911, onde un home foi esfolado en vida e brutalmente asasinado por encargo da familia dunha muller adiñeirada de Humanes (Madrid) que agonizaba por mor dun cancro de pel e á que, seguindo as recomendacións dun curandeiro, pretendían curar coa pel da vítima.

A historia de ficción comeza cen anos despois na mesma zona, cando aparecen uns corpos coas mesmas características do crime acontecido cen anos antes. Unha parella de policías intentará dar caza ao asasino, que parece seguir o mesmo modus operandi.

O que en principio ía ser só a historia para unha curtametraxe, converteuse en algo máis extenso. Tras a gravación das primeiras secuencias e os ensaios xerais das escenas de acción, o produtor Jordi Santos e o director Luis Noriega tomaron a decisión de levar adiante o guión orixinal, moito máis extenso e complexo, nunha intensa rodaxe que durou tres días e na que colaborou en elenco de actores afeccionados ou semiprofesionais.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información