Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Durán Medraño gaña o XIII Premio Ramón Piñeiro cun ensaio sobre o traballo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, deu a coñecer a obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013, que na súa décimo terceira edición recaeu na obra “Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer nun diálogo con Karl Marx”.

Na rolda de prensa posterior ao ditame do xurado -que tivo lugar na nova sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela- García Gómez compareceu ante os medios acompañado por Carlos Lema, representante da Editorial Galaxia e secretario do xurado, así como polo resto de integrantes do xurado. O secretario xeral destacou a alta acollida desta edición do certame (ao que concorreron un total de 13 pezas) e a contribución da iniciativa á promoción do galego no eido do ensaio.

O Premio, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e mais pola Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa, está dotado con 3.000 € e mais coa publicación da obra.

Afondar na dimensión creativa e estética do traballo

O xurado do XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013 valorou de xeito especial a orixinalidade do tema e do seu enfoque, que aborda un asunto de actualidade e abre unha reflexión nova sobre a concepción do traballo na sociedade contemporánea. En “Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx”, o autor establece un vencello entre a teoría do valor do traballo e o pracer empregando as acheas recentes do pensamento para subliñar a dimensión creativa e estética do traballo, ademais da social.

O xurado, formado por Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, Dolores Vilavedra, Marilar Aleixandre e Xaime Subiela (gañador este último da pasada edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra “Para que nos serve Galiza?”), recoñece así os méritos dunha obra na que se valoraron tanto a exposición e a análise das ideas como o rigoroso labor de argumentación dunha peza escrita desde unha perspectiva orixinal e provocadora. Salientou, así mesmo, a calidade dos 13 orixinais presentados e a variedade de temas abordados neles.

Historiador da arte e investigador radicado en Alemaña

José María Durán Medraño (Vigo, 1971) é doutor en Historia da Arte pola UNED e docente no Instituto de Historia da Arte da Freie Universität de Berlín. Forma parte do grupo de investigación arredor de “O Capital” no Instituto de Filosofía da devandita universidade, baixo a dirección do profesor Frieder Otto Wolf. Publica regularmente nas revistas “A Trabe de Ouro”, “Nómadas” e “ArtNotes” sendo correspondente desta última na capital alemá. Conta no seu haber con numerosas constribucións en congresos internacionais, entre os que cómpre destacar Rethinking Marxism, Cultural Studies Association e Actuel Marx.

Gañou o V Premio Escritos sobre Arte” (2009), convocado pola Fundación Arte y Derecho co fin de contribuír ao fomento da investigación e a creación literaria en materia de arte, coa peza “Iconoclasia, historia del arte y lucha de clases”, publicada pola editorial Trama.

Conta, entroutras, coas seguintes publicacións: “A obra pictórica de Xosé Lodeiro. Un ensaio de aproximación estética” (Espiral Maior, 1997), “Iconoclastias modernas. A demolición do Palast der Republik en Berlín” (A Trabe de Ouro, 2006), “Lodeiro no Suprematismo” (Centro Galego de Arte Contemporánea, 2008) e “Novas perspectivas en torno a Marx e O Capital na Alemaña” (Laiovento, 2008).

Unha homenaxe ao galeguista Ramón Piñeiro

O Premio Ramón Piñeiro de Ensaio naceu no ano 2000 en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro e acóllese ao espírito que inspirou a súa traxectoria intelectual, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega e mais o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información