Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A editorial Bululú reúne no catálogo 100% Ilustración aos mellores artistas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa a posta en valor e a difusión dos profesionais da ilustración. Faino a través da colaboración coa obra "100% Ilustración", que acaba de ser publicada pola editorial galega Bululú. O catálogo, coordinado por David Pintor e por Óscar Villán, reúne un cento dos mellores ilustradores do panorama español, que escolleron unha ilustración propia para representar a súa obra.

A librería Cascanueces acolleu a presentación do catálogo, que correu a cargo do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do responsable da editorial, Pablo Zaera; e do ilustrador David Pintor. Segundo asegurou na súa intervención o responsable de Cultura da Xunta de Galicia, o catálogo dá mostra dun sector competitivo, constriuído desde a profesionalidade e a excelencia artística, no que os autores e as autoras galegas ocupan un lugar ben destacado.

David Pintor, Óscar Villán, Miguelanxo Prado, José Domingo, Alberto Guitián, David Rubín, Carlos Arrojo, Patricia Castelao, Xan López Domínguez Alberto Vázquez, Jacobo Fernández Serrano, Pablo Otero ,Jacobo Muñiz e o suízo, aínda que radicado en Galicia, Marc Taeger son “os nomes que representan o bo facer e o labor sobranceiro da ilustración galega, que constitúe un referente a nivel internacional, afirmou Anxo Lorenzo.

“O prestixio do sector galego da ilustración –engadiu– queda reflectido, polo tanto, neste catálogo”. Ao fío disto, o secretario xeral recordou a recente concesión do Premio Nacional de Cómic a Miguelanxo Prado, “un galardón que nos enche de alegría e que avala a fortaleza e a calidade da ilustración galega”.

Contribuír ao fortalecemento do sector

O apoio da Xunta de Galicia a este catálogo, segundo explicou, “ten un obxectivo claro, que é contribuír coa posta en valor e coa visibilidade do traballo dos ilustradores máis destacados”. Nese sentido, referiuse á obra unha ferramenta útil para facilitar as relacións profesionais no ámbito galego, nacional e internacional dos axentes vinculados coa ilustración e co sector editorial en xeral.

Con este mesmo obxectivo, Anxo Lorenzo recordou que o seu departamento vén apoiando outras iniciativas, como a do catálogo ‘Galician Books for Children and Young Adults 2013’, que constitúe un escaparate para escritores, ilustradores e editores que traballan para públicos infantís e xuvenís, centrado en favorecer a súa colocación no mercado.

O catálogo, do que se editaron 400 unidades en galego e 1.100 en castelán, está prologado por Siro López e, segundo precisou a editorial Bululú, é o primeiro que se edita fóra dos núcleos tradicionais do sector, Madrid e Barcelona.

Un total de 150 exemplares en galego serán distribuídos pola Secretaría Xeral de Cultura entre os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia, para poñer a obra ao dispor da cidadanía.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información