Os premios Emprende-Gaiás-Sixto Seco, na procura de ideas innovadoras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa o emprendedorismo cultural cos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, convocatoria coa que se busca poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais e que se artella en tres modalidades: aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño e na área da xestión cultural.
O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa.
Os interesados poderán presentar os seus proxectos antes deste sábado, 23 de novembro, na Fundación Cidade da Cultura de Galicia tal e como se establecen nas bases. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 20 de decembro.
Solicitudes e documentación
Poderán participar nesta convocatoria os titulados de ciclos medios e superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas, deseño e de ensinanzas deportivas.
Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Tanto as bases do concurso como a solicitude de inscrición están dispoñibles en www.cidadedacultura.org [nova venta] , www.agadic.info e www.edu.xunta.es.
Criterios de avaliación
Á hora de avaliar os proxectos terase en conta –e por orde de importancia- o carácter innovador e a creatividade da idea presentada, as posibilidades de se converter nun proxecto viable, a adecuación do proxecto á modalidade presentada, a integración de perfís profesionais dos participantes e a súa capacidade dinamizadora e o impacto na súa área de influencia.
Homenaxe a Sixto Seco
Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco homenaxean a figura dun promotor cultural de primeira orde como foi o médico e intelectual galego Agustín Sixto Seco. Ademais do seu papel clave na medicina galega, Agustín Sixto Seco participou desde a década dos 70 en proxectos editoriais como Galaxia, en padroados como o de Rosalía de Castro e da Fundación Otero Pedrayo, así como en institucións como Penzol, Castelao, Camilo José Cela e o Museo do Pobo Galego.
Tras a súa morte, e biblioteca e arquivo persoal deste intelectual –integrada por máis de 4.000 volumes que abarca desde importante exemplares dos primeiros tempos da edición galega de posguerra, especialmente de Galaxia, fondos americanos procedentes da emigración, abundantes obras sobre Galicia, así como de medicina ou temas históricos, relixiosos, políticos e literarios- forman parte da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia