O Tesouro Lexical Galego, presentado publicamente na Universidade de Santiago
A versión electrónica do histórico Dicionario da Língua, de Isaac A.Estraviz, foi presentada publicamente na Faculdade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. No acto, que contou coa participación de numeroso público -entre o que figuraban alumnos e
docentes das universidades galegas-, tomaron a palabra Miguel R. Penas (Secretário de Organización da AGAL), Vítor M. Lourenço (coordenador da edición electrónica do dicionario) e o propio autor da obra, o profesor da Universidade de Vigo Isaac Alonso Estraviz. A obra de referencia da lexicografía galega desde 1983 -cando saíu a primeira entrega- fora inicialmente publicada, en tres volumes, pola editorial Alhena de Madrid; era daquela o dicionario con máis entradas para o idioma galego. O lexicógrafo Isaac A.Estraviz dirixiu un equipo de colaboradores, que acometeu a actualización dunha obra de máis de 91.000 entradas.O resultado final está agora disponíbel para a consulta pública, libre e gratuita, na
dirección www.agal-gz.org/estraviz. Como complemento da publicación, o Portal Galego da Língua (www.agal-gz.org) ofrece agora a posibilidade de coñecer máis en profundidade biografía do autor e características da obra.

Bernardo Penabade + Isaac Alonso Estraviz