A Xunta pide ao Senado que sexa embaixador da Cidade da Cultura de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suxeriu a conveniencia de que o Senado se converta nunha institución que faga de embaxaidora da Cidade da Cultura e que difunda en todo o Estado a contribución cultural que o Gaiás vén desenvolvendo nos últimos anos. No decurso dunha xuntanza de traballo entre a comisión de Cultura da Cámara Alta e un equipo da consellería encabezado polo seu secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, quen os recibiu en nome do conselleiro, o representante da Xunta, explicou os eixos de actuación do plan estratéxico da Cidade da Cultura.A delegación mixta de ambas as institucións, que ao longo da mañá percorreron as instalacións do Monte Gaiás, estivo composta pola presidenta da Comisión, María Gádor Ongil; a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Insúa; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz Loroño, ademais de outros representantes do Senado e da Consellería. A visita incluiu as torres Hejduk, que ata este domingo acolle a intervención “Mar de Crebas”, e os espazos ocupados polo centro de emprendemento creativo, o centro de innovación cultural, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia. Posteriormente toda a comitiva visitou a mostra “Orinoco” que pode ser visitada ata mediados do vindeiro mes de xaneiro de 2014.
Accións culturais
Durante o percorrido o secretario xeral técnico da Consellería destacou que a Cidade da Cultura “é un espazo cun gran equipamento cultural. Nesta infraestrutura –dixo- se celebran grandes actos todos os anos, e desenvolven unha actividade cultural vinculada a un sector produtivo que xera 21.000 empregos en Galicia e neste momento é unha oportunidade para crecer en tempos de crise”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia


