Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Fundación Cela celebra o tricentenario da RAE cunha mostra de grandes xoias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela inaugura a exposición “Unas barbas en la Academia, la RAE en el legado de Camilo José Cela”. Unha mostra coa que a entidade de Iria Flavia pretende adherise aos actor en conmemoración do tricentenario desta institución que se están a desenvolver en diversas partes do mudo co obxectivo de repasar a súa historia e importancia.

A mostra

“Unas barbas en la Academia, la RAE en el legado de Camilo José Cela” inclúe parte do legado persoal sobre a RAE que Camilo José Cela doou gratuitamente á Fundación. Así poderanse ver desde os primeiros estatutos que rexeron a institución, pasando polos seus boletíns, anuarios, gramáticas, ortografías e dicionarios.

O premio Nobel conservou unha gran colección de pezas relacionadas coa historia de esta institución, destacando entre elas coleccións curiosas coma a de discursos de ingreso de Académicos, a de Quixotes e obras de Miguel de Cervantes editadas pola RAE así coma a colección completa de cartas e telegramas recibidos e enviados para a súa campaña de ingreso na institución académica que culminou coa súa elección como Académico en 1957 ocupando a cadeira de brazos “Q”.

A exposición que reúne as pezas máis salientables deste conxunto, estará vixente ata xaneiro de 2014 e vai acompañada de talleres e actividades educativas gratuítas dirixidas a comunidade escolar -dende Infantil e Primaria a Bacharelato- relacionadas coa arte da palabra. Para máis información sobre esta e outras actividades gratuítas da Fundación pode consultarse o blog http://camilinojosesino.blogspot.com.es ou contactar coa Fundación no teléfono 981 81 24 25 ou no mail visitas@fundacioncela.com

Activa participación

A institución padronesa tamén colabora na exposición conmemorativa dos trescentos anos da RAE organizada por Acción Cultural Española e a propia Real Academia Española “La lengua y la palabra”, que se está a desenvolver na Biblioteca Nacional de España ata o vindeiro 26 de xaneiro de 2014, co préstamo para exposición da medalla e do diploma do premio Nobel de Literatura outorgado a Camilo José Cela en 1989.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información