Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

As pombas do Carboeiro dinamiza o uso do idioma a través das bandas de música

A actividade de dinamización lingüística “As pombas de Carboeiro”, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa “FalaRedes 2013”, retoma esta fin de semana a súa itinerancia por concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A mocidade fisterrá poderá gozar deste espectáculo, que está deseñado para levarse a cabo en colaboración coa banda de música municipal da localidade anfitrioa, o domingo ás 18:30 horas nun pase que terá lugar na Casa do Concello de Fisterra.

“As pombas de Carboeiro” combinan lingua narrada e dramaturxia, monicreques e música, da man da compañía “Fantoches Baj”. Durante a representación, o elenco artístico convértense en frades que teñen por misión convencer o batallón do exército napoleónico de que non sacie a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras que habitan no mosteiro de Carboeiro. A historia descobre o amor prohibido entre Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán), que dará orixe á estirpe de aves que habitan o mosteiro.

Unha das técnicas de de representación da historia, na que tamén se mesturan os contos, os cantos, as lendas, os monicreques e os romances, é a do kamishibai, unha vella arte xaponesa baseada na sucesión de láminas impresas nunha xanela de madeira que leva unha bicicleta. As imaxes escollidas para construír o relato son as que compoñen as cartas do Tarot da Marsellesa, coas que entretiñan tradicionalmente os soldados franceses.

“As pombas de Carboeiro” comezou en abril o seu itinerario por concellos da RDL, no marco de “FalaRedes 2013”, e ata final de ano sumará un total de 19 localidades ao longo de toda a xeografía galega. Na primeira parte da xira, o espectáculo chegou aos municipios de Vedra, Cambados, O Carballiño, O Rosal, Negreira e Melide. Despois dos meses de verán, levou teatro e diversión en galego a Padrón e Ortigueira, localidades ás que se lle sumarán nas semanas vindeiras os concellos de Tui, Valga, Ribadavia, Brión, Boiro, Oleiros, Viveiro, Foz, Sober e Lalín.

Toda a información e o calendario completo de “As pombas de Carboeiro” e “FalaRedes 2013” xa está dispoñible en www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013, así como nas redes sociais.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información