Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Máis de 1.300 alumnos de Galicia asistirán ao espectáculo Touporroutou

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia a campaña escolar arredor do espectáculo Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que durante a súa estadía no Salón Teatro de Santiago congregará máis de 1.300 alumnos de 20 centros educativos de toda Galicia. Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) coproducen esta montaxe, que dirixe Eduardo Alonso, a través da que afondan na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.

Durante estas dúas semanas, a sede compostelá da compañía pública ofrecerá sesións matinais de martes a venres, ás que acudirán grupos de estudantes –a partir dos 6 anos de idade– acompañados dos seus profesores. Colexios e institutos de Ames, Brión, Caldas de Reis, Mazaricos, Mesía, Muros, Ordes, Ourense, Porto do Son, Vedra, Viveiro, Santiago de Compostela e Trazo teñen xa confirmada a súa participación nesta campaña, a través da que se busca incidir na difusión dunha das facetas menos coñecidas de Vidal Bolaño como autor de teatro familiar.

Alejandro Carro, Laura Míguez, Fernando González e Victoria Pérez interpretan os cómicos e músicos ambulantes protagonistas desta historia, que permanecerá en cartel en Santiago ata o vindeiro 20 de outubro, ofrecendo outras catro funcións para público xeral nas fins de semana (sábados e domingos, ás 18.00 horas) como parte da programación especial que a compañía pública está a desenvolver en homenaxe ao dramaturgo compostelán ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

Visita desde Bos Aires

A representación do sábado día 12 contará coa presenza dun grupo do Instituto Santiago Apóstol do Centro Galego de Bos Aires, de viaxe de estudos en Galicia. Estes alumnos terán así a oportunidade de gozar desta nova versión do Touporroutou da lúa e do sol, para a que o CDG e Teatro do Noroeste recuperaron especialmente o deseño gráfico do cartel que os propios estudantes do centro galego deseñaran para a súa posta en escena o pasado mes de abril na capital arxentina.

Como ferramenta didáctica de apoio a esta campaña, a unidade de produción teatral da Consellería de Cultura e Educación editou un caderno pedagóxico elaborado por Roberto Pascual, profesor da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, entidade que tamén colabora con esta coprodución contribuíndo á experiencia de introducir no elenco actores e actrices recentemente titulados neste centro.

A través deste caderno, que está dispoñible para a súa descarga na web do Centro Dramático Galego, os profesores disporán de material de apoio específico para traballar cos seus alumnos arredor desta obra de Vidal Bolaño e da súa versión escénica tanto antes como despois da súa asistencia ao espectáculo.

Ligazón directa ao caderno pedagóxico:
http://www.centrodramatico.org/imxd/obras/doc/1380139987Touporroutou_da_lua_e_o_sol_Caderno_Pedagoxico.pdf [nova venta]


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información