Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A declaración BIC do patrimonio das caixas como BIC blindará a súa integridade

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, tras o Consello, que a declaración como BIC do patrimonio das antigas caixas permitirá blindar a súa integridade e a máxima protección para as máis de 7.000 pezas que conforman este conxunto artístico. “Estamos a falar da colección que pertence á Fundación Novacaixagalicia, da colección que actualmente pertence a Novagalicia Banco e do Fondo bibliográfico e documental desta última entidade. Máis de 7.000 pezas –precisou- que inclúen principalmente obras pictóricas, escultóricas, gráficas, fotográficas, entre outras disciplinas, de máis de 1.000 autores galegos”.

Nesta liña, Feijóo avanzou que, coa publicación de tres expedientes paralelos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, a vindeira semana comezarán oficialmente os trámites. Así, engadiu, “podemos dicir que iniciamos desde xa e sen volta atrás o proceso para outorgar a máxima protección legal a todo o patrimonio cultural das antigas caixas de aforro de Galicia”.

Segundo concretou, se trata de “máis de 5.600 obras que compoñen a colección de arte de Novacaixagalicia; de máis de 1.300 obras da colección de Novagalicia Banco; e dun importante fondo bibliográfico e documental de Novagalicia Banco, formado por diversos incunables e abundantes obras do século XVI e XVII”.

O responsable do Goberno galego cualificou o conxunto artístico de “único pola calidade das obras e polo alcance simbólico e representativo” da evolución da arte galega dos últimos tempos, e que, polo tanto “cómpre protexelo”. Por ese motivo explicou que a Xunta inicia o procedemento para a declaración de Ben de Interese Cultural, “o que permitirá verificar oficialmente con criterios científicos, académicos e técnicos a relevancia coñecida e recoñecida destas coleccións”.

Segundo Feijóo, a declaración BIC permitirá acadar catro obxectivos: a obriga de dar conta á Administración de toda xestión, intervención ou actuación sobre os mesmos; o deber de notificar á Xunta toda pretensión de alleamento ou venda, podendo exercer a Xunta o dereito de tanteo ou de retracto; contar cunha base máis sólida para o exercicio das facultades de inspección e compilación de datos; e serve de base certa para o control das exportacións e, no seu caso, para a súa restrición por parte da Administración do Estado.

Por último, esta protección vese reforzada, amais, ao optar pola súa declaración como ‘coleccións’, o que determina o seu tratamento conxunto e non fragmentable en todo ou en parte. “Isto é, implica preservar as coleccións na súa integridade”, precisou o presidente da Xunta.

En definitiva, o titular do Goberno galego explicou que con esta iniciativa, a Xunta dará “a máxima protección posible que permite a lexislación de patrimonio cultural de Galicia e de España co obxectivo fundamental de garantir a integridade das coleccións, impedir o seu desmembramento e fomentar o seu disfrute polos cidadáns”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información