Valentín García inaugura o VIII Ciclo de mesas redondas: Escritores/as na Universidade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na mesa inaugural do VIII Ciclo de Mesas Redondas “Escritoras/es na Universidade”. A oitava edición desta iniciativa, que leva por título “Unha outra literatura para un outro tempo”, conta coa colaboración do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez Abad e ten como finalidade achegar á mocidade universitaria aos xéneros narrativo, poético e teatral, da man de autores de referencia da literatura galega actual.
No acto de apertura, acompañaron o secretario xeral a decana da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (UVigo), María Rosa Pérez Rodríguez; a vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) por Vigo, Rexina Vega, e os escritores Alberto Lema e Samuel Solleiro.
Mesas redondas de poesía, narrativa, teatro e ensaio
O VIII Ciclo de Mesas Redondas “Escritoras/es na Universidade. Unha outra literatura para un outro tempo” desenvolverase ao logo de tres xoves noutras tantas sesións que contarán con cadansúa mesa redonda centrada, respectivamente, na narrativa, na poesía e no teatro. O ciclo deu comezo cun coloquio arredor da posmodernidade no que participaron Alberto Lema e Samuel Solleiro. A vindeira centrarase na poesía, da man de Bérta Dávila (gañadora da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol pola peza “O derradeiro libro de Emma Olsen”) e de Gonzalo Hermo. A terceira mesa redonda terá lugar o xoves 17 de outubro e nela participarán, para abordar a temática teatral, Antía Otero e Vanesa Sotelo.
Todas as sesións deste ciclo terán lugar ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.
Colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia a AELG na realización desta iniciativa. Dentro deste marco de colaboración a Consellería apoia outras actuacións desta Asociación que inciden na difusión das obras dos escritores e escritoras en lingua galega, así como na súa proxección exterior.
Entre as feitas no ano 2013 destacan as visitas de escritores aos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas cos que conta a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia en Cáceres e mais en Dublín ou a participación de membros da AELG na X edición do curso de formación continua “As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora”, que organizou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela o pasado mes de xullo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia