Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Máis de 12.000 persoas visitaron en Madrid a exposición de Luis Gabú

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra a boa acollida da exposición ‘Arte e ritual na Catedral de Santiago’, do fotógrafo coruñés Luis Gabú, que pechou as súas portas no Museo Nacional de Antropología, en Madrid, tras recibir un total de 11.953 visitantes desde o pasado 6 de xuño.

A exposición, composta por 20 instantáneas sobre o Xacobeo e as peregrinacións a Santiago de Compostela tomadas ao longo do ano 2010 foi organizada pola Consellería de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria xunto co Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través do Museo Nacional de Antropología.

Impulso do Camiño de Santiago

Con este traballo, o recoñecido artista galego Luis Gabú afondou no aspecto antropolóxico do Camiño de Santiago, achegando a súa visión persoal dun feito de arraigada tradición na cultura europea que sobreviviu ao paso dos séculos. Este creador, que vai máis alá dos límites do noso territorio, ofreceu unha mirada particular do Camiño chea de connotacións antropolóxicas cunha evidente carga poética. Nas súas imaxes recóllese o mundo da espiritualidade, un aspecto xa reflectido anteriormente noutras das súas obras sobre terras e culturas dos diversos continentes que adquire especial importancia no mundo intimista e relixioso da peregrinación.

Por medio desta exposición, a Consellería de Cultura e Educación puxo en valor unha vez máis a necesidade de levar o Camiño de Santiago a terreos coma o artístico, continuando co seu labor de promoción desta tradición cultural de relevancia internacional cando están a piques de celebrarse os 800 anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información