Ramón Chao moderará en Vilalba un cine-coloquio sobre Luis Buñuel

A Vía Láctea é unha obra única na filmografía de Buñuel, e recolle todas as obsesións do autor. Dous peregrinos contemporáneos parten, como o fixeron desde a Idade Media, da Rue Saint-Jacques en París cara a Santiago de Compostela. O formato é o da tradicional narración picaresca na que unha parella de desposeídos sobreviven ao longo do trazado xacobeo. Asemade, é a narrativa aínda máis tradicional do cabaleiro andante e o seu escudeiro na procura busca da fe e da honra.
Como colofón deste acto, Ramón Chao interpretará ao piano "O lago de Como", peza que deu título á súa primeira novela -publicada en 1983, da que agora se cumpren 30 anos- e que foi finalista no Premio Nacional de Narrativa.
A Voz de Vilalba