Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Festival de Riós promociona artistas emerxentes e dinamiza a cultura no rural

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación do Festival das Artes Escénicas de Riós 2013, que se celebrará o 2 e 3 de agosto na vila ourensá e que organiza a Asociación Cultural da Castaña. Segundo o conselleiro, “este festival é un escenario ideal para a difusión e promoción dos proxectos e do traballo de artistas emerxentes, e unha oportunidade única para a dinamización da cultura no rural galego”.

O conselleiro afirmou que o Concello de Riós, a través deste festival, convértese durante unha fin de semana “nun punto de referencia para os que moven o cine, a música, o teatro galegos desde a base e cuxo talento está a triunfar máis aló das nosas fronteiras”. Vázquez Abad salientou que unha das claves deste evento é saber mesturar “as iniciativas novas sen esquecer as orixes dos nosos valores culturais, reflectindo o espírito de Abelardo Gabriel, quen lle dá nome e cuxo traballo en prol do audiovisual galego continúa presente hoxe en día”.

No acto de presentación que se celebrou no Centro Sociocultural Marcos Valcárcel tamén participaron o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar; o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga; e o actor Rubén Riós, entre outros.

Novidades

Nesta edición, o festival inaugura unha sección de cine para xente con discapacidade coa proxección de ‘Sayonara Beibi’, dirixida pola actriz e pedagoga Estívaliz Veiga, e que constitúe o inicio do proxecto que o director do festival, Rubén Riós, vai dirixir coa asociación Aspanas Termal.

Ademais inaugurarase a ‘Ruta do Talento’, na que deixarán a súa pegada persoeiros recoñecidos que pasen por este evento. Desta vez será o adestrador de baloncesto Moncho fernández e o actor galego Javier Gutiérrez quen lle dean nome a dous dos castaños da ruta.

O programa desta sexta edición conta ademais cunha oferta de actividades máis ampla dirixida ao público infantil de diferentes idades, con talleres de teatro, caracterización, música, etc.

Amplo programa cultural

Esta nova edición do Festival das Artes Escénicas de Riós contará coa proxección de filmes, actividades para os máis pequenos, monólogos, actuacións musicais, etc. O 2 agosto estrearase o filme ‘A última viaxe do afiador’, do cineasta Aitor Rei, que trata sobre a vida dun afiador de sesenta e seis anos.

Asemade, presentarase a película ‘A historia dun satélite, Rafael e a nai que o pariu’, dirixida por as Also Sister, dúas xemelgas residentes en Utah (EEUU) que están rodando a súa primeira película en Galicia. Tamén se proxectarán outras pezas audiovisuais como ‘Calíope en el camino’, a webserie ‘Clases de lo social’ e as curtas animadas gañadoras do Festival de Cans. O programa do sábado rematará coa actuación de Daniel Minimalia, nomeado aos Hollywood Musical Awards.

A iniciativa solidaria da cita será un partido de fútbol o 3 de agosto no que futbolistas e xente da cultura recadarán fondos para axudar á pequena Uxía no seu tratamento médico.

O festival rematará coa tradicional gala, presentada por Sonia López, e contará cos monólogos a cargo de Pepe Suevos, e diferentes actuacións musicais como as de Malvelas; Tony Lomba ou a actuación do dj Robert Ramírez.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información