Artesáns galegos expoñen no Museo do Traxe de Madrid
Catro artesáns galegos expoñen os seus traballos no Museo do Traxe de Madrid, dentro da exposición dos proxectos finais do Máster de Deseño en Pel dirixido por Enrique Loewe no que participaron co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
Elena Ferro, de Silleda, os tudenses Naín Rodríguez Alonso e Isaac Romero Esteras, e o estradense Mario Rodríguez Oca foron os seleccionados na convocatoria de catro bolsas de formación posta en marcha pola Fundación co obxectivo de mellorar o emprego das técnicas dos artesáns galegos, incidindo especialmente no deseño, a innovación e a aplicación de novas tecnoloxías.
Esta convocatoria encádrase na estratexia de impulso ao sector artesán galego que desenvolve a Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Os principais eixos desta labor céntranse na aposta pola innovación e o deseño, a formación e especialización dos profesionais e a mellora da comercialización, ao tempo que se preservan os valores que constitúen a esencia dos produtos artesanais, como son a calidade dos materiais e un coidado proceso de produción.
O Máster de Deseño en Pel, en cuxa clausura intervén esta tarde a xerente da Fundación, Elena Fabeiro, ten como obxectivo experimentar novos métodos de creatividade a través da colaboración entre a artesanía e o deseño. Na súa primeira edición participaron creadores de diferentes disciplinas como o deseño de moda, deseño gráfico, enxeñería, arquitectura ou artesanía. O desenvolvemento do Máster foi no Centro Tecnológico de la Piel – MOVEX, en Ubrique, unha localidade cunha forte tradición do traballo da pel e que conta cun importante número de empresas marroquineiras.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia